Condenada unha exconcelleira do PP en Abegondo

abegondo

28 de xuño. Coñecemos que a exconcelleira de Abegondo Cristina Rabón, man dereita do alcalde, Xosé Antonio Santiso Miramontes, do Partido Popular foi condenada a 21 meses de prisión e inhabilitación por un delito continuado de falsidade en documento mercantil e público. Seguir lendo

Peche de escolas unitarias

escolas unitarias

28 de xuño. O próximo curso hai 22 unitarias que non terán o número mínimo de nenos e nenas que dende hai anos fixa a Consellería de Educación para manter aberto un centro (6).

Case a metade, de feito, non chegan nin aos catro matriculados. O futuro inminente destes centros é pechar a partir de setembro, seguindo o ronsel doutras 150 unitarias que clausuraron as súas portas nos últimos anos.

Os dous medios de referencia de Galicia falan desta nova:

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/28/xunta-cerrara-22-escuelas-unitarias/836666.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/28/galicia-quedo-170-escuelas-unitarias-ultimos-nueve-anos/0003_201306G28P4995.htm

Na Galega non se fixo referencia a esta información.

Un Telexornal que non sabe manipular a manipulación

debate_autonomia_2011

 

O mércores 26 de xuño, durante o pleno do Parlamento de Galicia, prodúcese un acedo debate sobre a manipulación na CRTVG (Compañía de Radio e Televisión de Galicia) entre o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

No Telexornal serán dese día, A PRESENTACIÓN DA NOTICIA É TENDENCIOSA E PARTIDISTA, ademáis de estar pesimamente plantexada desde o punto de vista xornalístico.

Seguir lendo

As parvadas do PP non son noticia

Hipólito Fariñas

Na sesión do Parlamento de Galicia do martes 25 de xuño, durante o debate dunha moción sobre a situación da empresa Pescanova, un deputado da oposición (do PS de G-PSOE) pregunta porqué NON HAI NINGÚN MEMBRO DO GOBERNO DA XUNTA NOS SEUS ESCANOS…

Seguir lendo

Négase a prohibir os touros o Parlamento, non o PP

fotonoticia_20130625175818_500

O martes 25 de xuño, debátese no Parlamento de Galicia unha proposición de lei do BNG para tramitar a prohibición das corridas de touros en Galicia.

Despois do debate parlamentario a proposta é votada, e REXEITADA POLA MAIORÍA ABSOLUTA DO PP, COS VOTOS EN CONTRA DA OPOSICIÓN: PS de G-PSOE, AGE e BNG.

Seguir lendo

A investigación de Blesa segue adiante

blesa aznar

A Audiencia de Madrid anula o auto no que o xuíz Elpidio José Silva ordenou a prisión eludible baixo fianza de 2,5 millóns do expresidente de Caixa Madrid Miguel Blesa pola compra do City National Bank (CNB) de Florida, pero cre que hai indicios abondo para investigar estes feitos.

Seguir lendo