Evitando dicir que o xuiz bébedo é próximo ao PP

 

 

                 O domingo 1 de xuño, o maxistrado do Tribunal constitucional, Enrique López, moi próximo ao PP, é detido en Madrid por varios delitos contra a seguridade vial: saltar un semáforo en vermello, conducir a súa moto sen o casco regulamentario, e cuadriplicar a taxa máxima permitida de alcohol.

  Seguir lendo

Campaña contra a xuíza que non viu delito no “escrache” a vicepresidenta

xuiza

6 de febreiro. O PP difundíu un vídeo no que relata que a maxistrada Isabel Valldecabres, membro do tribunal que non viu delito no ‘escrache’ ao vicepresidente Soraya Saénz de Santamaría, denunciou no seu día o acoso que sufriu a ministra de Igualdade, Bibiana Aído, da que foi asesora.

Seguir lendo

Trama Gürtel, non grazas. Pero un pouquiño de UXT a diario

camps

       5 de xaneiro. Un novo informe da UDEF revela máis  informacións relativas á trama Gürtel. Diferentes medios dan conta de agasallos que, presuntamente, facía a rede corrupta a membros do Partido Popular, para conseguir contratos, segundo a Policía. 

Seguir lendo

Maquillando os datos do paro

parados navl

       O día 4 publicáronse os datos do paro do mes de xaneiro. O número de desempregados aumentou en todo o Estado. En Galicia rexistráronse 10.000 parados máis. Na noticia dos Telexornais , xunto ás cifras, facíase fincapé no único dato “positivo”: foi o mellor mes de xaneiro desde o 2007. Incluían a valoración do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia. Nin a oposición, nin sindicatos nin empresarios.

Seguir lendo

Os telexornais silencian a Nacións Unidas cando fala de España

 

foxas

O pasado día 3 de febreiro ningún telexornal recolleu as declaracións nas que Pablo de Greiff reclamaba que se xulgaran as desaparicións do franquismo. A TVG silencia a voz pero tamén a visita de dez días a España do relator da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición dos delitos de lesa humanidade.

Seguir lendo