O top ten de Eunonmanipulo tras 160.000 visitas

cropped-cropped-004.jpg

Ano e medio de vida, 798 artigos e 160.050 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, coa imparcialidade e coa pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.

Todos aqueles que queirades colaborar, desde dentro da TVG ou desde fóra, coa denuncia contra a manipulación informativa podedes dirixirvos a enonmanipulo@gmail.com. Garantimos confidencialidade absoluta. Tamén nos podedes seguir nos nosos grupos de facebook e twitter.

Seguir lendo

Un premio merecido… para @s traballador@s da TVG

           

            O venres 9 de maio coñécese a noticia de que a TVG ven de gañar o premio Iris da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, polo programa especial do accidente de Angrois emitido a noite do 24 de xullo de 2013.

            O galardón valora o esforzo realizado pola Televisión de Galicia para relatar a traxedia.

            Os telexornais deste venres emiten unha extensa referencia ao premio outorgado:

http://www.crtvg.es/informativos/a-tvg-premiada-polo-especial-informativo-da-traxedia-de-angrois-811871

            Desde eunonmanipulo congratulámonos deste premio por tod@s @s compañeir@s que aquel día deron un exemplo de profesionalidade e bon facer para informar a Galicia daquela terrible traxedia, como era e é a nosa obriga.

Pero ao mesmo tempo lamentamos – como se fixo neste mesmo blog días despois do sinistro – que a dirección de informativos da TVG non estivo á altura dos traballadores, obrigando a emitir imaxes moi morbosas das vítimas, mesmo en contra do criterio do xornalista encargado da noticia.

Moi ao noso pesar, o artigo que fixemos daquela sobre a emisión de tan duras imaxes segue sendo o máis visto na historia de eunonmanipulo.

Pero quedémonos co bon deste premio Iris á TVG, e a ver se dunha vez por todas este medio ofrece un servizo público de calidade, honesto e digno, sen manipulacións.

Ogallá pensase o mesmo a directora de informativos, que na reportaxe emitida hoxe – ao redor do minuto 3’11” – valora o galardón porque naquela triste xornada esta canle foi un SERVIZO PÚBLICO.

Mágoa que non o sexa todos os días.

Eunonmanipulo fai 10 meses: os 10 artigos máis lidos

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018.jpg

 

Dez meses de vida, 647 artigos e 108.000 visitas a Eunonmanipulo. Podes deixar comentarios en eunonmanipulo@gmail.com

Búscanos tamén en twitter e en facebook. Os que destacamos a continuación son os 10 artigos máis lidos de eunonmanipulo@wordpress.com

Seguir lendo

Nin estilo, nin elegancia, nin intelixencia, por Xosé Luis Muñoz, redactor emérito da TVG

descarga (1)

Hoxe publicamos o artigo sobre a manipulación que envía Xosé Luis Muñoz, redactor xubilado (emérito góstalle dicir a él) da TVG e unha das persoas con máis prestixio e máis respectadas na redacción de informativos da televisión pública. É un dos artigos da serie que publicamos estes días con motivo das 100.000 visitas ao blog.

Seguir lendo

Reporteiros gaña fóra o que a dirección de informativos lle nega dentro

A redacción de informativos da Televisión de Galicia recibiu con alegría a nova de que dúas das nosas, as xornalistas Encina Ramos e Carme Santos, viran recoñecidos os seus traballos pola Fundación Profesor Novoa Santos. As reportaxes premiadas emitíronse no programa Reporteiros, desaparecido da programación da TVG por decisión da dirección de informativos.

Como eliminar este blog, por Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Seguindo coa publicación de artigos que conmemoran as 500 entradas deste blog, hoxe publicamos a opinión do decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a quen lle queremos agradecer a súa colaboración con Eunonmanipulo.

Xosé Manuel Pereiro destaca na sú achega que a solidez e a independencia dos medios públicos son indicadores da consolidación da democracia e atina cando recolle a única forma que hai de acabar con esta loita d@s traballador@s da CRTVG.

Seguir lendo

“Producións PP” traballa para a TVG en Vigo

A TVG emite, desde hai algún tempo, nos seus informativos locais de Vigo-Pontevedra noticias relacionadas coa vida municipal viguesa que conteñen imaxes e declaracións gravadas polo Partido Popular e enviadas por esta formación política á delegación da Televisión de Galicia. A TVG convértese así nun órgano de difusión/propaganda do propio PP.