Parece que Televisión de Galicia segue a consigna do PP de lavarlle a cara o ministro de Educación, Ignacio Wert.
Mentres arreciaba a polémica en toda España polo borrador do decreto que pretende endurecer as medidas para obter bolsas de estudos, os informativos da canle autonómica ou non daban ou daban tan discretamente as novas sobre o asunto que pasaban practicamente desapercibidas, como xa denunciamos neste blog días pasados.
Volveu a ocorrir co anuncio de Wert de que podería subir a nota media para acceder a bolsas universitarias ata o 6.5. Mesmo foi peor neste caso.
As declaracións do ministro emitíronse no Telexornal do mediodía do día 24 sen destacar. Non ían en titulares nin se recollían reaccións.
No da tarde, de moita menor audiencia, emitironse reaccións si, unha do PSOE e outra do propio PP.
http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-acusa-a-wert-de-restablecer-o-clasismo-no-ensino-614254
O dia seguinte, cando ante a presión das comunidades autonómicas, do seu propio partido e da sociedad enteira Wert anuncia que vai estudiar a rebaixa da nota, os Telexornais xa destacan a nova, que vai de segundo titular no mediodía, o de mais audiencia, e de sétimo no da tarde.