Mina non, mina si, mina si….

mina si

2 de xuño. O colectivo contraMINAcción convoca unha manifestación en Santiago contra o proxecto de minería a ceo aberto que unha empresa canadense quere facer en Cabana de Berganitños,  apoiado pola Xunta de Galicia. Seguir lendo

O “top ten” de eu non manipulo

cropped-cropped-004.jpg

Hoxe chegamos ao noso segundo mes de vida e a piques de facer 25.000 visitas. Grazas, grazas e grazas. Para celebralo queremos lembrar os 10 artigos que máis curiosidade despertaron en todos vós. Son éstes:

10.- As distintas varas de medir

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/04/05/as-distintas-varas-de-medir/

9.- A TVG vai á concentración de Greenpeace en Muros…e non se da

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/15/a-tvg-vai-a-concentracion-de-greenpeace-en-muros-e-non-se-da/

8.- Aborto non, ou como adoutrinar desde a televisión pública

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/04/17/aborto-non-ou-como-adoutrinar-desde-a-television-publica/

7.- Nada de Correlingua nos telexornais

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/17/nada-de-correling%E2%80%8Bua-nos-telexornai%E2%80%8Bs/

6.- Principios de manipulación

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/04/15/principios-de-manipulacion/

5.- Contra a mala xestión e os manipuladores…nunca contra a TVG

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/04/23/contra-a-mala-xestion-e-os-manipuladores-nunca-contra-a-tvg/

4.- Os “tratos” do Bloque con Herri Batasuna

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/04/11/os-tratos-do-bloque-con-herri-batasuna/

3.- As fotos de Feijóo con Dorado volven á TVG

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/11/as-fotos-de-feijoo-con-dorado-volven-a-tvg/

2.- Salvemos Galicia…na TVG non

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/22/salvemos-galicia-na-tvg-non/

1.- Unha traducción perfecta…ao castelán

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/10/unha-traduccion-perfecta-ao-castelan/

A “extraordinaria” fusión Oza – Cesuras

cp10f05151854_576976

O sábado 1 de xuño, os Telexornais ofrecen a información TOTALMENTE EN POSITIVO de que a fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras podería ser inminente, coa aprobación da mesma no vindeiro consello da Xunta.

Telexornal mediodía:

http://www.crtvg.es/informativos/a-fusion-de-oza-e-cesuras-poderia-aprobarse-no-proximo-consello-da-xunta-598641

Telexornal serán:

http://www.crtvg.es/informativos/a-fusion-de-oza-e-cesuras-e-inminente-598710

Só fala o alcalde de Oza, Pablo González. EVÍTASE NAS DÚAS INFORMACIÓNS ao alcalde de Cesuras, José Sánchez, que ven de substituir a Julián Lucas (este demitíu por “cansanzo”, pero acaba de coñecerse que en xullo de 2012 FOI CONDENADO A UN ANO DE CADEA POR ESTAFA A UN CLIENTE DUNHA INMOBILIARIA NA QUE ERA SOCIO).

416_20130601-635056907486394553

 Os Telexornais deste sábado non din ABSOLUTAMENTE NADA DESE CONFLICTO (será por iso que silencian ao novo alcalde de Cesuras ??), NIN TAMPOUCO OFRECEN NINGUNHA DECLARACIÓN DOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN (ámbolos concellos están gobernados polo PP), cando – sobre todo en Cesuras – hai un gran rexeitamento veciñal á fusión.

Ademáis, segundo algún medio de comunicación, nestes meses HOUBO MOITAS DIFERENCIAS CON ALVAREZ-CAMPANA (o home da Deputación de A Coruña – do PP – que está xestionando a fusión)… FEITO QUE OCULTA POR COMPLETO A TVG:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/06/02/alcalde-oza-desvela-diferencias-alvarez-campana/0003_201306H2C12991.htm

Resumo: unha fusión que aínda ten moitos puntos escuros, oposición veciñal, e “salpicada” mesmo pola condena xudicial a un dos alcaldes, dase nos Telexornais do sábado 1 de xuño como un gran logro, sen ofrecer nin a máis mínima opinión crítica.