As parvadas do PP non son noticia

Hipólito Fariñas

Na sesión do Parlamento de Galicia do martes 25 de xuño, durante o debate dunha moción sobre a situación da empresa Pescanova, un deputado da oposición (do PS de G-PSOE) pregunta porqué NON HAI NINGÚN MEMBRO DO GOBERNO DA XUNTA NOS SEUS ESCANOS…

Despois da crítica, contesta o parlamentario do PP Hipólito Fariñas, tratando de xustificar as ausencias do Presidente da Xunta e dos Conselleiros dicindo que “o goberno galego está onde ten que estar: traballando, e non sentado aquí escoitando, a maior parte das tardes, PARVADAS que a nada máis conducen que a perder o tempo”.

Inmediatamente, as respostas da oposición non se fixeron agardar, cualificando de “insulto” ao Parlamento a intervención do deputado do PP. As palabras de Fariñas foron retiradas do diario de sesións. Así reflectiron o “incidente” varios medios de comunicación:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/06/25/diputado-pp-califica-span-langglparvadasspan-debates-parlamento-gallego/00031372185538739970912.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/25/galicia/1372184515_773015.html

http://www.europapress.es/galego/noticia-farinas-pp-di-goberno-non-no-hemiciclo-onde-oen-parvadas-porque-traballar-20130625204409.html

http://www.20minutos.es/noticia/1854969/0/

NINGÚN INFORMATIVO DA TVG SE FAI ECO DA NOTICIA.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s