Matas entra no cárcere… coma se nada

 

Matas ingresa en prisión

             Luns 28 de xullo. Jaume Matas, que foi Ministro con Aznar varios anos, presidente das Baleares en dúas etapas, e líder do PP nas illas desde 1996 ata 2007, entra no cárcere para cumprir unha condena de 9 meses por corrupción, por tráfico de influencias.

             Matas é o político do PP de maior rango institucional que entra en prisión.

             Xunto ao ex-presidente socialista de Navarra, Gabriel Urralburu, é ata agora o único máximo responsable autonómico encarcerado. Só outro socialista, José Barrionuevo, precede a Matas como único ex-ministro preso en España durante a actual etapa democrática, no seu caso por participar na chamada “guerra sucia” contra ETA.

Seguir lendo

Non se di que Blesa pagou unha mansión de 2’15 millóns ao contado

Vista de la urbanización donde Blesa compró el chalé.

O martes 17 de decembro, o xornal “El mundo” publica que o ex-presidente de Cajamadrid, Miguel Blesa, pagou 2’15 millóns de euros ao contado por unha mansión nunha exclusiva urbanización de Madrid.

Blesa -estreitamente vencellado ao PP e considerado íntimo amigo do ex-presidente do goberno José María Aznar- estivo recentemente no cárcere e actualmente ten dúas causas xudiciais abertas pola súa xestión fraudulenta.

Seguir lendo

30 segundos para os correos de Blesa: tratos de favor, facturas do PP, enfrontamentos con Esperanza Aguirre

blesa

      14 de decembro. Segue a treboada informativa que xurdíu a través da publicación dos correos de Miguel Blesa, ex presidente de Caja Madrid e amigo persoal de Aznar.

Neles pódese ver os seus tratos de favor a familiares e amigos, e os enfrontamentos con Esperanza Aguirre. Tamén os seus movementos para controlar Iberia e a súa aposta por British Airways para facerse coa compañía española, que os conselleiros da caixa tiña tarxetas “en negro” ou facturas do PP.

Seguir lendo

Silenciada a polémica dentro do PP

aznar

27 de maio. O expresidente do Goberno José María Aznar afirmou que non está “contra ninguén” senón “con todos os españois” en referencia, sen citala, á polémica creada polas súas críticas ao Goberno de Mariano Rajoy, nun acto ao que non asistiron nin ministros nin baróns autonómicos nin a cúpula do PP. Fiou Estas declaracións non tiveron eco nos principais informativos da Galega. No resto de medios si que tiveron relevancia.

http://www.rtve.es/noticias/20130527/aznar-yo-estoy-contra-nadie-estoy-espanoles/673701.shtml

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/27/espana/1369678148.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/27/espana/1369681831.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/27/actualidad/1369679406_917744.html

http://www.abc.es/espana/20130527/abci-alminuto-presentacion-aznar-201305271835.html

http://www.abc.es/espana/20130527/abci-alminuto-presentacion-aznar-201305271835.html

“Foro aberto” defende a Aznar criticando a Felipe González

 

CLR1305

No espazo “Foro aberto” do martes 21 de maio, un dos asuntos que debaten os tertulianos que modera Carlos Luis Rodríguez é a entrevista que pouco antes mantivo en Antena 3 o ex-presidente do goberno José María Aznar.

 

Se practicamente tódo-los medios destacaron desa entrevista o desencontro e as críticas de Aznar co actual presidente Rajoy e ás súas políticas de goberno, “Foro aberto” só ofrece declaracións de Aznar cando di que nunca recibíu “sobres”, e que as súas declaracións da renda sempre foron meticulosas (ao redor do minuto 50’00”).

 

aznar-entrevista-antena-3-default

NON SE FALA NADA DAS CRÍTICAS DE AZNAR A RAJOY E AO ACTUAL GOBERNO (EN ESPECIAL AO MINISTRO MONTORO), e xa preto do final (minuto 59’00”), cando un dos intervintes (o avogado Xosé Antón Pérez Lema) di que a actitude de Aznar “é a de levitar” (sic), Carlos Luis Rodríguez INTERROMPEO E DILLE TEXTUALMENTE: “BUENO, BUENO, XOÁN ANTÓN… ESA É A MESMA ACTITUDE QUE TEN FELIPE GONZÁLEZ…”

 

maio http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto

 

É dicir: o presentador moderador (suponse que debe ser imparcial) dun espazo informativo público da TVG interrompe a un tertuliano no seu libre uso da palabra para DEFENDER A AZNAR, CRITICANDO A FELIPE GONZÁLEZ, sen vir a conto para nada. Todo un exemplo para o xornalismo.