24 de xaneiro. Un grupo de preferentistas intentou agredir a Miguel Blesa á súa saída dos xulgados de Praza de Castela. Con berros e empurróns pedíronlle que lles devolva o seu diñeiro. O expresidente de Caixa Madrid tivo que ser escoltado por antidisturbios.
Arquivo por etiquetas: Economía
Os datos do paro en España que da Europa segundo conveña
8 de xaneiro. España volveu bater o seu propio récord de paro xuvenil: en novembro, a taxa de desemprego entre mozos chegou ao 57,7%, a máis alta de toda a Unión Europea, segundo os datos da oficina estatística europea Eurostat.
Non se di que Blesa pagou unha mansión de 2’15 millóns ao contado
O martes 17 de decembro, o xornal “El mundo” publica que o ex-presidente de Cajamadrid, Miguel Blesa, pagou 2’15 millóns de euros ao contado por unha mansión nunha exclusiva urbanización de Madrid.
Blesa -estreitamente vencellado ao PP e considerado íntimo amigo do ex-presidente do goberno José María Aznar- estivo recentemente no cárcere e actualmente ten dúas causas xudiciais abertas pola súa xestión fraudulenta.
Que pasa coa baixada dos soldos ??
Martes, 17 de decembro. O Instituto nacional de estatística publica que os salarios levan xa doce meses baixando en España, algo que sucede por primeira vez en case vinte anos.
Un dato negativo que contradí ao Ministro Montoro.
Polo caso Blesa de puntillas, o xuíz Elpidio Silva silenciado
12 de decembro. A Audiencia Nacional avalou investigar a Miguel Blesa, expresidente de Cajamadrid, e outros exconselleiros da entidade, entre eles ao expresidente da patronal CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por “planificar” a emisión de participacións preferentes.
A Deputación da Coruña sobe os soldos e Feijóo mira para outro lado
12 de decembro. El Pais publica que o PP impuxo, grazas á súa maioría absoluta, fortes subas salariais, a creación dunha decena de xefaturas cubertas na súa maioría con funcionarios procedentes da Xunta, e unha reorganización do equipo que fai cachizas as tan reiteradas promesas de adelgazar a Administración e evitar duplicidades que constituían o cabalo de batalla electoral do PP cando chegou en 2011 ao goberno da Deputación coruñesa.
O aumento do paro en Galicia é secundario
Martes 3 de decembro. O Ministerio de Emprego e Seguridade social publica os datos do paro. O Telexornal mediodía da TVG destaca – tanto nos titulares coma na primeira información – que no mes de novembro o desemprego diminúe en España, pero
Os anunciados “floteis” desaparecen da TVG
13 de novembro. Os telexornais da TVG ocultaron o novo atraso na adxudición dos floteis da petroleira mexicana Pemex.
A pobreza non é noticia, unha plantación de cabazas grandes, si
17 de outubro. Dia Mundial contra a Pobreza. Non aparece nada no Telexornal Mediodía, onde si se da o día mundial contra a dor, como, noutras ocasións, efemérides similares sobre a reuma, a migraña, a fibromialxia ou calquera outra doenza.
Afectados polos desafiuzamentos….. silencio…..
16 de outubro. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, con sede en Estrasburgo (Francia), ordenou a suspensión preventiva e parcial do desaloxo dun bloque de vivendas de Salt (Girona) ocupado dende hai 7 meses por 16 familias.
Debe estar conectado para enviar un comentario.