
As protestas das gandeir@s…. a pouquiños

21 de abril de 2016. O día 18 dous altos cargos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia foron citados a declarar como investigados na primeira causa xudicial que se segue en España contra unha Administración por atrasar tratamentos a seis pacientes con hepatite C que morreron en Galicia entre 2014 e 2015.
12 de abril. Os informativos recollen o rexistro no Parlamento nun despacho de AGE nunha investigación sobre un asesor do partido. Tamén que un deputado de Podemos irá a xuízo por un delito de atentado contra a policía.
O mércores 8 de abril, a primeira hora da mañá, o presidente da Xunta é entrevistado en directo no programa de radio “Mas de uno” de Onda cero, no que afirma que o PP cometeu gravísimos erros no seu financiamento.
O sábado 28 de febreiro, o espazo “contraportada”, que se emite despois do Telexornal mediodía, ofrece dúas reportaxes que reflicten clarisimamente o distinto e perverso tratamento que se lle da na TVG ás cidades onde goberna o PP e ás que non; neste caso ocupáronse de Vigo e A Coruña.
O 15 de decembro coñécese que a xuiza Pilar de Lara, seguindo a trama sobre presunto financiamento ilegal do PP en Ourense, investiga 24 cargos ou ex-cargos do partido nesa provincia, polos supostos delitos de suborno, apropiación indebida, falsidade documental e tráfico de influencias.
De Lara analiza a posibilidade de que varias empresas, sobre todo Telemiño e Pla & Nos, emitisen facturas falsas en favor de dirixentes provinciais do PP na Xunta, no goberno central e na Deputación. Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.