O barco, Picasso e o premio a Pontevedra

             O sábado 28 de febreiro, o espazo “contraportada”, que se emite despois do Telexornal mediodía, ofrece dúas reportaxes que reflicten clarisimamente o distinto e perverso tratamento que se lle da na TVG ás cidades onde goberna o PP e ás que non; neste caso ocupáronse de Vigo e A Coruña.

                                                                      

               A primeira reportaxe céntrase na polémica ao redor do barco que o goberno local decidíu situar nunha rotonda do barrio de Coia, e a segunda vai sobre a exposición da obra que Picasso realizou cando vivíu na Coruña entre os 9 e os 13 anos:

           A reportaxe sobre o barco da rotonda de Vigo mantén un evidente tono crítico contra o alcalde, o socialista Abel Caballero, e só emite declaracións de persoas contrarias á colocación da embarcación; nin unha soa favorable.

           Por contra, o informe sobre a exposición de Picasso na Coruña dalle un desmedido e positivo protagonismo ao alcalde, Carlos Negreira, do PP, ademáis de ofrecer unhas imaxes da cidade que, a parte de non vir moi a conto coa obra de Picasso, reflicten un “dinamismo” que semella máis unha publireportaxe ca un complemento para a información.

           Pero aquela xente que dubide da mala fe que lle atribuimos aos responsables de informativos da TVG, igual o ve máis claro ao comparar isas reportaxes co que se fixo (mellor dito, o que non se fixo) días atrás coa cidade de Pontevedra… gobernada polo BNG co apoio do PS de G-PSOE…

           O 24 de febreiro, Pontevedra recibe en Dubai un dos máis prestixiosos galardóns urbanísticos do mundo: o premio “hábitat” da ONU, que recoñece as actuacións para mellorar a humanización urbana das cidades.

            Pontevedra gañou entre 406 candidaturas de 95 países, e acadou o único premio obtido por cidades europeas. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), recolleu persoalmente en Dubai o galardón.

          A TVG só da algo máis dun minuto da noticia no espazo “a revista”, que se emite antes do mediodía e ten escasa audiencia:

          Ningún Telexornal dese día nin dos seguintes ofrece absolutamente nada do galardón a Pontevedra !!!!!. @s responsables de informativos ocultan de xeito descarado e vergoñento un brillante e meritorio galardón a unha das máis importantes cidades de Galicia !!!!!.

         Que se pode agardar de “supost@s” xornalistas que hai uns días, cando o propio presidente da Xunta felicitou ao alcalde pontevedrés polo premio, decidiron non emitir ningunha referencia ???…
          Outra vez a ausencia de escrúpulos e honestidade, o servilismo máis tendencioso… un medio público como a TVG, que debería ser exemplar, utilizado de xeito incompetente e mediocre para devaluar os éxitos de persoas e/ou institucións que cometen un erro imperdoable: non ser do PP.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s