Posibles delitos no PP en Ourense: vergoña e máis vergoña

             O 15 de decembro coñécese que a xuiza Pilar de Lara, seguindo a trama sobre presunto financiamento ilegal do PP en Ourense, investiga 24 cargos ou ex-cargos do partido nesa provincia, polos supostos delitos de suborno, apropiación indebida, falsidade documental e tráfico de influencias.

              De Lara analiza a posibilidade de que varias empresas, sobre todo Telemiño e Pla & Nos, emitisen facturas falsas en favor de dirixentes provinciais do PP na Xunta, no goberno central e na Deputación. Seguir lendo

O financiamento do PP de Ourense… e Telemiño

       O xoves 20 de novembro coñécese o contido dun auto da titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, no que se aprezan indicios de financiamento ilegal do PP de Ourense mediante facturas falsas.

       Polas investigacións e sospeitas de Vixiancia Aduaneira, os datos aparecidos na investigación da operación Pokémon, e as declaracións de Emilio Pascual, ex-xerente do PP de Ourense, no centro da presunta trama están a axencia de publicidade Pla & Nos e a televisión local Telemiño, do grupo La Región.

Seguir lendo

Ocultando os conflictos no PP

baltar-acallar.jpg

4 de xullo. Baltar intenta acalar o rumor da volta de Isaac Vila cunha foto xunto ao seu rival.

Especulouse coa volta do exsenador e exalcalde de Xinzo, inhabilitado nos noventa por tráfico de influencias. O presidente do PP de Ourense convocou os medios para anunciar o contrario: “Quero desmentir categoricamente a presunta volta de Isaac Vila á política”. As rodas políticas rumorean dende hai semanas unha presunta volta de Vila, situándoo mesmo en formacións políticas alleas ao Partido Popular.

Varios medios recollen a información.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/05/baltar-acallar-rumor-vuelta-isaac/840573.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/07/05/isaac-vila-antonio-perez-pactan-ante-baltar-armisticio-xinzo/0003_201307O5C9993.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/04/galicia/1372943409_990038.html

A Galega non.