O barco, Picasso e o premio a Pontevedra

             O sábado 28 de febreiro, o espazo “contraportada”, que se emite despois do Telexornal mediodía, ofrece dúas reportaxes que reflicten clarisimamente o distinto e perverso tratamento que se lle da na TVG ás cidades onde goberna o PP e ás que non; neste caso ocupáronse de Vigo e A Coruña.

                                                                      

Seguir lendo

As críticas ao goberno coruñés do PP non existen

desalojo y pleno
      O martes 18, afectados polas expropiacións forzosas do parque Ofimático da Coruña, interrompen o inicio do pleno municipal exhibindo unha pancarta que alude aos casos de corrupción que salpican ao goberno local do PP, ao mesmo tempo que piden a dimisión do alcalde, Carlos Negreira.

Galego “moi molesto”

      Roberto Rivas deixou de ser un personaxe anónimo o día que se negou a participar no desafiuzamento dunha anciá, Aurelia Rey, no centro da Coruña.

      O seu xesto saíu en tódolos medios de comunicación de España e abríu o debate sobre se os bombeiros estaban ou non obrigados a actuar nestes actos xudiciais.

Seguir lendo

E os insultos do voceiro do goberno coruñés do PP?

Pleno de mayo 2014 en A Coruña
Luns 5 de maio: no concello da Coruña desenvólvese un dos plenos municipais máis broncos e “quentes” nos últimos tempos.
Nun momento da sesión, o primeiro tenente de Alcalde e voceiro do goberno municipal do PP, Julio Flores, contestoulle dun xeito especialmente insultante ao voceiro de Esquerda Unida, César Santiso, chamándolle “vago e inútil”.
Os grupos do PSdeG-PSOE e do BNG rexeitaron as verbas de Flores, que está imputado na operación Pokémon, e solidarizáronse con Santiso.

Seguir lendo

O insignific​ante tratamento da Pokémon

 
           O sábado 15 de febreiro séguense coñecendo máis detalles sobre a operación Pokémon, unha vez levantado o segredo do sumario.
           É sen dúbida o maior caso por corrupción instruído nunca en Galicia, no que xa hai imputadas un cento de persoas entre políticos, funcionarios e directivos das empresas implicadas.

A TVG relega ao informativo local a información sobre a Pikachu

 

 

A querencia dos responsables dos servizos informativos pola información municipal parece diluirse cando se trata de informar de asuntos incómodos para o Partido Popular.

Dos imputados da “Pikachu” só teñen filiación política os socialistas

tentente alcalde

26 de decembro. A xuíza Pilar de Lara imputou 12 persoas do Concello Da coruña, entre concelleiros e técnicos municipais, no marco da «operación Pikachu», unha rama da «Pokemon», que investiga unha rede de supostas contratacións irregulares a favor do grupo empresarial Vendex.

Seguir lendo

Nada da bronca contra Rueda e Juárez

      Apertura del Año Judicial entre protestas

                     Venres 25 de outubro. Ao redor de 300 persoas pertencentes a diversos colectivos sociais ASUBÍAN E APUPAN AO VICEPRESIDENTE DA XUNTA, ALFONSO RUEDA, E AO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA, SAMUEL JUÁREZ.

Seguir lendo

A Xunta aproba a fusión Oza-Cesuras… pero segue a polémica

O xoves 6 de xuño, a Xunta aproba o decreto de fusión dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, e os Telexornais mediodía e serán da TVG destacan especialmente a noticia, con declaracións do presidente da Xunta que resaltan o feito TOTALMENTE EN POSITIVO:

http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-aproba-o-decreto-de-fusion-voluntaria-de-oza-cesuras-602034

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-cualifica-de-historica-a-fusion-oza-cesuras-e-avanza-que-outros-estudan-unirse-602510

Neste blog XA DENUNCIAMOS VARIAS VECES que o proceso desta fusión estivo salpicado de irregularidades (nunca comentadas nos Telexornais) e a oposición (de partidos e veciños) foi silenciada sistematicamente nos informativos da TVG. Lembrar que tanto en Oza como en Cesuras goberna o PP.

E para non reiterarnos no mesmo outra vez, PUBLICAMOS UN ESCRITO QUE NOS ENVÍA A CONCELLEIRA DE CESURAS EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, SOBRE A FUSIÓN E SOBRE AS INFORMACIÓNS DOS TELEXORNAIS DESTE 6 DE XUÑO:

“Son concelleira da oposición no recén “fusionado” concello de Cesuras. Acabo de ver a emisión no telexornal da nova e ofrecedes información sesgada, enganosa e incluso mentiras !!.

A gardería non é un premio á fusión, xa estaba aprobada de antes e ademáis con financiamento estatal.

Por que non se falou nada de que un dos alcaldes, concretamente o de Cesuras, dimitíu o mes pasado tras publicarse a súa “actividade” urbanística ??. E mesmo que na semana pasada se publicou que foi condenado por estafa a un ano de cárcere e inhabilitado para sufraxio pasivo ??.

Tamén está inhabilitado para exercer cargo público o ex-alcalde de Oza Ramón Peón dende antes de que se celebraran os plenos de aprobación da fusión. Tampouco se falou nada da controversia legal respecto á necesidade de votos necesarios para a aprobación da fusión nos plenos de Cesuras e Oza…”

É o texto íntegro, transcrito literalmente, de EVA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, concelleira de Cesuras.

Este blog busca eliminar por completo a manipulación informativa na TVG, pero tamén pode reflectir as distintas opinións e sensibilidades que xurdan nalgúns asuntos.

Pola importancia deste, facémonos eco do comentario da edil Eva Rodríguez (como parte interesada e coñecedora da fusión Oza – Cesuras). Se alguén -cunha responsabilidade similar á dela- está en contra do que opina, pódenos facer chegar a versión que considere oportuna.

Nesta dirección de correo podedes poñervos en contacto con nós:eunonmanipulo@gmail.com