
Desastre electoral

O que se manipulou antes da existencia desta paxina.
22 de xuño. O ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz, reuniuse co xefe da Oficina Antifrau de Catalunya, Daniel de Alfonso, para tratar de implicar nalgún escándalo a dirixentes
7 de xuño. A Fiscalía Anticorrupción ACUSOU AO PARTIDO POPULAR de ser partícipe a título lucrativo na peza da trama Gürtel no concello de Boadilla del Monte (Madrid).
23 de maio. Coñecese que Mariano Rajoy comprometeuse por carta ante a Comisión Europea a facer novos recurtes para cumprir co obxectivo de déficit se goberna.
23 de maio. O PP ten que pagar 1,2 millóns en 10 días ou será embargado pola súa caixa B. O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata comunicoulle ao Partido Popular que ten que facer este pago como fianza por ser presunto responsable civil subsidiario polo diñeiro negro que presuntamente manexaba o partido.
18 de maio. A Fiscalía aprecia indicios da comisión dun delito de negociacións prohibidas a funcionarios por parte do xuíz Salvador Alba na conversa que mantivo co empresario Miguel Ángel Ramírez. Unha conversa que versou sobre as súas relacións comerciais do empresario coa parella da maxistrada Vitoria Rosell, ex deputada de Podemos.
Seguir lendo
25 de abril de 2016. O ex secretario xeral do PP valenciano Ricardo Costa descargou na dirección nacional do partido calquera responsabilidade no financiamento de tres campañas electorais
18 de abril. A TVG non é allea a unha estratexia de información que dende o PP se está a facer empregando os medios públicos.O mesmo Consello de Informativos de TVE criticou a ausencia nos seus espazos da multa de Facenda a Aznar.
13 de abril. OKdiario, este medio dixital publica que por mor dunha inspección aberta hai dous anos, a Axencia Tributaria impuxo a Aznar unha multa de 70.403,96 euros, por empregar unha sociedade instrumental para aforrarse o pago da metade dos impostos,
Debe estar conectado para enviar un comentario.