Arquivo por etiquetas: El Mundo
A saco con Felipe González, pero nada de Matas
Xoves 10 de abril. O Telexornal mediodía destaca unha noticia publicada por “El Mundo” de que a empresa tecnolóxica Indra blindou ao fillo de Felipe González coa cantidade de 375.000 euros.
Nada da bronca entre Ignacio González e Pedro J
A descarada parcialidade da TVG
Nin unha soa mención no telexornal do mediodíado 30 de decembro á decisión da Fiscalía de acusar á deputada do PP María Faraldo de prevaricación e falsidade documental durante a súa etapa como alcaldesa de Betanzos..
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/28/galicia/1388251421_820241.html
A nova, publicada polo xornal El País ocultouse de xeito descarado no informativo, no que non se deixou pasar por alto outra publicada polo xornal El Mundo. Nesta acúsase a UXT-Andalucía de pagar a festa do 1 de Maio con axudas destinadas a parados.
http://www.elmundo.es/andalucia/2013/12/30/52c0b45522601d2a698b4586.html
Outra mostra máis da pouca seriedade e da falta absoluta de rigor informativo.
A “culpa” de UXT e a “suposta” contabilidade B do PP
O Telexornal mediodía do martes 20 de agosto destaca unha información aparecida no xornal “El Mundo”, na que se afirma -sen ningún cualificativo tipo “supostamente” ou “presuntamente”-, que a federación andaluza de UXT pagou con fondos europeos a impresión e a distribución da revista para os seus afiliados:
O cativeiro tratamento do caso Bárcenas
Tres meses despois da saída deste blog, non hai día que non nos sorprendamos con descarados exemplos de manipulación informativa (por aí empezan a chamala corrupción informativa) dos telexornais da televisión pública de Galicia. Imos con dous exemplos dos últimos 4 días.
Domingo, 7 de xullo: El Mundo publica un artigo do seu director no que transcribe as confesións que lle realizou Luis Bárcenas durante un encontro de 4 horas antes do seu ingreso en prisión. Bárcenas fala, entre outras cousas, de financiamento ilegal do PP durante, polo menos, os últimos 20 anos. Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.