Obxectivo: rédito político

nunezfeijoo
Escollamos un día ao chou. O día 10 de marzo. Analicemos as dez primeiras noticias despois dos titulares dos telexornais principais da TVG.

AO MEDIODÍA
1 – Na edición de mediodía comezase cunha información sobre unha entrevista ofrecida por Javier Maroto vicesecretario xeral do PP, na que asegura que a dificultade de formar goberno en no Estado é culpa do Secretario Xeral dos socialistas Pedro Sánchez.
2- Seguen con Sánchez que visita A Coruña falando de que manterá o seu apoio aos alcaldes das Mareas.
3- A continuación a deputada de En Marea Iolanda Díaz asegurando que o PSOE non atendeu as peticións do seu grupo cando negociaron a investidura.
4- Feijóo fala do pacto PSOE e Ciudadanos é pacto para bloquear o goberno.
5- Dimisións en Podemos Madrid próximos a Ínigo Errejón,  por diferenzas coa dirección rexional afín a Pablo Iglesias.
6- Beiras dí que Anova e En Marea non concurrirá con Podemos si hai novas eleccións.
7- Petición de pleno extraordinario na Coruña, gobernado por Xulio Ferreiro das Mareas. Hai unha polémica sobre o adianto do pagamento do IBI e so se ofrece a voz do PP e do PSOE non do alcalde.
8- Polémica polos orzamentos de Santiago por non aceptar enmendas da oposición aos orzamentos.
9- Martiño Noriega ,Compostela Aberta apoia ao alcalde de Valencia ante a denuncia do PP, polo gasto de sete mil euros para a xuntanza de alcaldes das mareas de toda España que se celebrou na Coruña e Santiago. Os populares din que foi un acto de precampaña,o alcalde dí que foi institucional e cuestiona a independencia xudicial.
10- Críticas a Ada Colau, alcaldesa de Barcelona, por decirlle aos militares que dende o concello no vían ben a súa presenza nun salón de ensino. Extractos de entrevisas ao Pedro Morenés, ministro de Defensa en funcións,  Miguel Gutierrez Ciudadanos e Javier Maroto vicesecretario xeral do PP, no hai explicación por parte de Colau, si se cita o apoio recibido do ex Xefe do Estado Maior, Julio Rodríguez.
AO SERÁN
1- O Goberno en funcións négase a comparecer nas sesións de control ante o Parlamento por non considerar que non lle otorgou a súa confianza.
2- A vergoñenta situaicón de 64 ex deputados que cobran axudas de preto de 3 mil euros ao mes cando deixan o escano.
3-  Gobernabilidade do Estado: Pedro Sánchez fala da súa disposición a negociar, únese a información da mañá da noticia de Maroto responsabilizando aos socialistas da paralización da vida política  e Beiras dí que non apoia a Sánchez se non acepta a autodeterminación.
4- Dimisións en Podemos Madrid.
5- Feijóo fala sobre o pacto PSOE-Ciudadanos que considera electoralista e dí está abocado ao fracaso.
6- Consello da Xunta: construcción de 170 quilómetros de sendeiros para peóns e ciclistas e reducción de gasto en alugueiros da administración.
7- Feijóo culpa a saída da aeroliña Turkish Airlines de Santiago as políticas localistas.
8- Gobernabilidade nos concellos. Sánchez dí que vai apoiar os alcaldes das Mareas, Beiras dicindo que non hai un apoio real dos socialistas que bloquean os orzamentos nos concellos, faise referencia aos enfrontamentos en Santiago de Martió Noriega (Compostela Aberta) cos socialistas polos orzamentos, e desencontros polo pagamento anticipado do IBI na Coruña.
9- Apoio de Sánchez ao secretario xeral do PSdeG, Ramón Gómez Besteiro malia súa imputacion nun caso urbanístico en Lugo onde foi concelleiro do ramo.
10- Pachi Vázquez nun tuit critica que Besteiro non dimita ao estar imputado.
Agora toca valorar cal é o clima que se pode extraer desta selección de contidos no que a presenza do Partido Popular é na súa maioría con informacións positivas ou para facer críticas as políticas aos outros partidos, mentres que se poñen de manifesto na súa maioría a informacións negativas do resto de formacións .
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s