O 15 de decembro coñécese que a xuiza Pilar de Lara, seguindo a trama sobre presunto financiamento ilegal do PP en Ourense, investiga 24 cargos ou ex-cargos do partido nesa provincia, polos supostos delitos de suborno, apropiación indebida, falsidade documental e tráfico de influencias.
De Lara analiza a posibilidade de que varias empresas, sobre todo Telemiño e Pla & Nos, emitisen facturas falsas en favor de dirixentes provinciais do PP na Xunta, no goberno central e na Deputación.
Entre as persoas investigadas están o ex-presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o actual (fillo do anterior), José Manuel Baltar. Tamén o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o subdelegado do goberno en Ourense, Roberto Castro; o vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices, e a xerente do hospital de Ourense, Eloína Núñez, curmá do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
As investigacións da xuiza De Lara teñen inmediata e ampla repercusión en numerosos medios de comunicación de todos os ámbitos:
http://www.eldiario.es/galicia/Pokemon-investiga-PP-Ourense-financiacion_0_335267233.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/15/galicia/1418677747_120308.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/12/16/lara-investiga-directiva-actual-pp/909451.html
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22041.html
http://www.laregion.es/articulo/ourense/lara-pide-mas-datos-facturacion-pp/20141216082653510741.html
A TVG ofrece menos de 20 segundos da noticia no Telexornal serán, sen citar ningunha persoa investigada, e sen sequera mencionar ao PP nas lendas (rótulos sobreimpresionados) que complementan a información:
Lamentable e penoso tratamento para unha noticia de enorme importancia política e social non só en Ourense, se non no resto de Galicia, que contrasta ademáis co que fai o mesmo Telexornal coas informacións anterior e posterior á do PP de Ourense. Primeiro – dándolle prioridade de xeito inexplicable – á que alude ao levantamento do segredo de sumario das actuacións do alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, recollidas na operación Pokémon:
De seguido á do PP de Ourense, dan a información sobre as declaracións por un presunto delito de prevaricación de cinco ex-cargos do BNG no concello de Ourense:
O martes 16, o Telexornal mediodía trata a noticia só desde o punto de vista do Partido Popular. Unicamente se ofrecen declaracións do subdelegado do goberno en Ourense, Roberto Castro, e do presidente da Deputación, José Manuel Baltar:
Nin a máis mínima referencia ás críticas da oposición en Ourense e en Galicia, nin ás persoas investigadas e a súa responsabilidade no partido, os posibles delitos aos que se poden enfrontar… nada de nada. Unha auténtica vergoña.
E para acabar de rematala, @s responsables de informativos da TVG, no mesmo Telexornal mediodía, dan amplamente e de xeito destacado que… aínda non hai iluminación de nadal en Ourense !!!!!:
O Telexornal serán non cambia absolutamente nada, e emite a mesma “información” sesgada e tendenciosa que ao mediodía; as declaracións de Castro e de Baltar:
Hai menos dun mes, cando saltou á opinión pública o auto xudicial de Pilar de Lara polo posible financiamento ilegal do PP en Ourense, a TVG xa fixo o ridículo silenciando case por completo o asunto. Así o reflectíu entón Eunonmanipulo:
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/11/22/o-financiamento-do-pp-de-ourense-e-telemino/
Sobran os cualificativos. É toda unha metáfora do que se fai un día si e outro tamén coa información neste servizo público que debera ser exemplo de honestidade. Ocultación partidista e descarada duns feitos que Galicia debe coñecer. A TVG non é só do PP nin dos seus esbirros. É de tod@s @s galeg@s.
Magnífico trabajo. Noraboa.
Pero sería muy difícil que si cambia el gobierno los de la TVG no estuvieran a favor de los nuevos jefes. ¿Cual sería la solución? ¿Cómo despolitizar a las personas que trabajan en la pública?
¿Un informativo a cargo de cada partido, y que la gente vea el que quiera?
¿Cerrar la TV pública?… (y la radio supongo que será igual)