O mércores 8 de abril, a primeira hora da mañá, o presidente da Xunta é entrevistado en directo no programa de radio “Mas de uno” de Onda cero, no que afirma que o PP cometeu gravísimos erros no seu financiamento.
Así recolle a entrevista a propia emisora na súa páxina web, entrevista que se pode escoitar íntegramente. Alberto Núñez Feijoo atopábase na delegación de Onda Cero na Coruña.
A parte na que se refire a eses graves erros no financiamento iniciase en 9′ 33″:
Ao longo da mañá, numerosos medios de comunicación reflicten as opinións de Feijoo, que rachan a mensaxe de unidade e cohesión lanzada por Mariano Rajoy o día anterior na xunta directiva nacional do PP:
http://www.lasprovincias.es/politica/201504/08/nunez-feijoo-financiacion-sido-20150408122614-rc.html
Entre eses medios de comunicación – unha vez máis – non está a TVG. O Telexornal mediodía (o de maior audiencia) non fai nin a máis mínima referencia ás declaracións do presidente da Xunta na radio. Simplemente, non dá nada.
E pola tarde, o Telexornal serán só ofrece outra opinión de Feijoo, realizada logo dun acto coa conselleira de Sanidade, moito máis “suave” na valoración dos erros do PP, e na que destaca especialmente… os problemas da administración socialista en Andalucía polo desvío de fondos públicos:
O xoves 9 de abril, o secretario xeral do PS de G-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, piden a comparecencia de Feijoo no Parlamento polas súas declaracións sobre o financiamento do PP, e cualifican aos conservadores de “partido corrupto”… pero os informativos da TVG non dan nin a máis mínima noticia… só as opinións de Besteiro sobre o alcalde de Caldas, e de Vence sobre Cidadáns:
O colmo dos colmos: @s responsables de informativos da TVG xa chegan a censurar ao propio presidente da Xunta !!!!!. Outro novo exemplo de xornalismo honesto e digno en defensa dun medio público. Sen escrúpulos e sen vergoña.