Luns, 16 de febreiro. O Telexornal Mediodía, o de maior audiencia da TVG, dedica un amplo espacio a noticias sobre a ETA, Podemos e a súa suposta relación con Venezuela.
O informativo abre co inicio do xuízo aos conselleiros de Caja Madrid que usaron de forma presuntamente irregular as chamadas tarxetas opacas. Un minuto e cuarto de información.
A segunda noticia é a que publica o xornal El País sobre supostos sobresoldos pagados por Comisións Obreiras a directivos da súa federación de banca. Un minuto e medio aproximadamente contar a noticia e dar a versión do sindicato.
A partir de aí empeza o amplo despregue dedicado a ETA-Podemos-Venezuela.
Empezan ás 14:35 e rematan ás 14:41. Seis minutos seguidos, como se quixeran insinuar unha subliminal relación entre a ETA e Podemos, e por suposto Venezuela.
http://www.crtvg.es/informativos/finf:16-02-2015/oinf:ASC/pinf:33742
Empeza coa exclusiva de El Mundo que sitúa a De Juana Chaos en Venezuela. Tres entradas no Telexornal:
Despois tócalle o turno a Podemos e a suposta vida de luxo que pagaba Venezuela os asesores da formación, exclusiva de ABC.
Despois chega o suposto financiamento irregular do partido de Pablo Iglesias.
Segue coa “noticia” de que unha militante de Podemos fixo prácticas de avogada nun bufete que defendeu terroristas. Outra vez Podemos versus terrorismo.
E para rematar a querela contra Monedero:
Todo un despregue que no se viu cando Podemos se converteu en fenómeno político, nas últimas eleccións europeas. Daquela apenas existía a formación, os galegos non soubemos, alomenos pola TVG, que se estaba organizando en Galicia, nin quen eran nin qué dicían. Agora Podemos é importante, pero só para asocialos á corrupción e ao terrorismo. Mágoa que non consideren tan importante a trama Gürtel, a amizade do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado, a relación do PP de Baleares e Valencia co Caso Nóos…..