Posibles delitos no PP en Ourense: vergoña e máis vergoña

             O 15 de decembro coñécese que a xuiza Pilar de Lara, seguindo a trama sobre presunto financiamento ilegal do PP en Ourense, investiga 24 cargos ou ex-cargos do partido nesa provincia, polos supostos delitos de suborno, apropiación indebida, falsidade documental e tráfico de influencias.

              De Lara analiza a posibilidade de que varias empresas, sobre todo Telemiño e Pla & Nos, emitisen facturas falsas en favor de dirixentes provinciais do PP na Xunta, no goberno central e na Deputación. Seguir lendo

E a manifestación dos emigrantes contra Facenda ??

       O venres 5 de decembro, uns 2.000 emigrantes galegos retornados do estranxeiro maniféstanse polas rúas de Ourense contra o Ministerio de Facenda e contra a Xunta de Galicia e o seu presidente Alberto Núñez Feijoo.

        Protestan para reclamarlle a Facenda que lles retire as multas por non ter cotizado en España polas pensións que lles foron concedidas nos países onde traballaron.
Seguir lendo

As protestas da frota do cerco case nin existen

O luns 10 de febrero, os mariñeiros galegos da frota do cerco protagonizan mobilizacións e incidentes en varios portos, para reclamar unha maior cuota de xarda e xurelo e para instar á Xunta a que defenda os intereses de Galicia diante do goberno central.

“The New York Times”… se fala mal do PP non se cita

           Un dos xornais máis influíntes do mundo, “The New York Times”, publica un duro editorial contra a reforma do aborto impulsada polo goberno central que preside Mariano Rajoy, cualificandoa de “ALARMANTE e RETRÓGADA”.
            O rotativo estadounidense destaca negativamente o “mérito” de España ao se converter no primeiro país europeo que promove una lexislación máis restrictiva ca vixente.

Non se di que os concellos do PP crítican ao propio PP

            

            O venres 11 de outubro, os alcaldes galegos, a través da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), mostran O REXEITAMENTO TOTAL AO PROXECTO DE REFORMA LOCAL PROMOVIDA POLO GOBERNO CENTRAL DO PP.

Seguir lendo

TVG informa da conxelacion salarial que anuncia Madrid, pero non da merma nas extras que impón a Xunta

funcionarios xuntaO día 26 de setembro o Ministerio de Facenda anuncia que os salarios dos funcionarios non se van recortar, pero sí conxelar un ano máis, e que as pagas extraordinarias se van manter.  TVG fixose eco da nova:

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-conxelara-o-salario-dos-funcionarios-en-2014-669313 Seguir lendo