Os datos do paro en Galicia e España… “adepende”

              O martes 2 de decembro, coñécense os datos do paro correspondentes ao mes de novembro. Neles sobresae o balanzo negativo de Galicia, onde aumentou o número de desempregados en case 4.600 persoas.

              Moi mal dato, comparado co conxunto de España, onde o paro descendeu en preto de 15.000 persoas.
Galicia é a segunda peor comunidade autónoma, só por detrás de Baleares.

Seguir lendo

O financiamento do PP de Ourense… e Telemiño

       O xoves 20 de novembro coñécese o contido dun auto da titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, no que se aprezan indicios de financiamento ilegal do PP de Ourense mediante facturas falsas.

       Polas investigacións e sospeitas de Vixiancia Aduaneira, os datos aparecidos na investigación da operación Pokémon, e as declaracións de Emilio Pascual, ex-xerente do PP de Ourense, no centro da presunta trama están a axencia de publicidade Pla & Nos e a televisión local Telemiño, do grupo La Región.

Seguir lendo

O insignificante tratamento de Paula Prado nos tribunais

CESAR QUIAN

           O venres 14, a deputada autonómica e ex-voceira do PP de Galicia, Paula Prado, acode a declarar diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, imputada por fraude e tráfico de influencias na súa etapa de concelleira en Santiago.

Seguir lendo

Pero non pediron a dimisión da Conselleira ???

Beatriz Mato: «Ahora y no antes, gracias a este Gobierno, está controlado el 100% de subvenciones destinadas a formación»

              O venres 31, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acode á comisión de presupostos do Parlamento para explicar as contas do seu departamento para 2015.

               Pero como era de agardar, a Mato chovéronlle as críticas da oposición pedíndolle explicacións tralas revelacións do sumario da “operación Zeta”, a presunta trama de fraude de contratos e subvencións para a formación procedentes disa Consellería.

               Mesmo desde AGE e o BNG, pediron a súa dimisión, ao considerar que está directamente implicada na posible corrupción.

Seguir lendo

“Desinformando” sobre o ocorrido no Parlamento galego

O mércores 29 de outubro, algunhas das informacións ofrecidas pola TVG sobre o debate do pleno no Parlamento de Galicia son un auténtico despropósito, pola súa manipulación e engano aos espectadores.

Seguir lendo

O ministro de Guindos rebaixa a euforia económica do goberno

 

          El ministro japonés de Finanzas, Taro Aso (izq), saluda al ministro español de Economía, Luis de Guindos (dhca), durante la reunión del G20 en la ciudad australiana de Cairns. EFE
                 O domingo 21 de setembro, cando o goberno leva moitas semanas presumindo de recuperación económica e crecemento en España, o ministro de Economía, Luis de Guindos, “enfría” a situación na xuntanza do G-20 en Australia.

                O ministro advertíu que España non é inmune á desaceleración da eurozona, no que parece ser unha clara excusa diante da realidade española: o paro, a falla de crédito bancario e de exportacións, e en definitiva, o estancamento económico.

Seguir lendo

As contas do PP que pide a xuiza… daquela maneira

              O venres 12 de setembro a xuiza Pilar de Lara, que instrúe a chamada “operación Pokémon” por suposta corrupción, emite un auto polo que solicita a contabilidade do PP na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.

Seguir lendo

Matas entra no cárcere… coma se nada

 

Matas ingresa en prisión

             Luns 28 de xullo. Jaume Matas, que foi Ministro con Aznar varios anos, presidente das Baleares en dúas etapas, e líder do PP nas illas desde 1996 ata 2007, entra no cárcere para cumprir unha condena de 9 meses por corrupción, por tráfico de influencias.

             Matas é o político do PP de maior rango institucional que entra en prisión.

             Xunto ao ex-presidente socialista de Navarra, Gabriel Urralburu, é ata agora o único máximo responsable autonómico encarcerado. Só outro socialista, José Barrionuevo, precede a Matas como único ex-ministro preso en España durante a actual etapa democrática, no seu caso por participar na chamada “guerra sucia” contra ETA.

Seguir lendo

A grave crise do PP en Santiago, en 9 segundos !!!

 

                 O sábado 7 de xuño, continúan xerándose informacións sobre a grave crise que vive o goberno local do PP no concello santiagués, e sobre todo constátanse as tremendas diverxencias entre o alcalde, Ángel Currás, e os dirixentes do seu partido, nomeadamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

                  A opinión xeral é un clamor contra Currás, e tanto desde o PP coma desde outros partidos políticos considérase que o mellor que podería facer é dimitir, algo ao que se nega rotundamente.

Seguir lendo