Arquivo da categoría: En defensa da Galega
O persoal maniféstase contra a censura
23 de xuño. Non é o habitual, pero desta volta a noticia está na redacción da CRTVG. As compañeiras e compañeiros apoiados polo Comité Intercentros protestaron contra a manipulación que se fixo na cobertura das grabacións no Ministerio do Interior.
Amplo espazo para o triángulo ETA-Venezuela-Podemos
Os artigos máis vistos de Eunonmanipulo en 2014
Acaba un ano sen que, desgraciadamente, se vislumbre a fin deste blog (e moito menos coas eleccións municipais e xerais á vista). Tememos que 2015 será un ano de moito traballo para Eunonmanipulo, pero non por iso imos deixar de desexarvos que sexa o máis venturoso para todos.
Ogallá que pronto pechemos este blog (que vai camiño das 168.000 visitas en menos de dous anos de existencia) e que as súas funcións sexan substituidas por un consello de informativos que vixíe e fiscalice o funcionamento dos informativos da TVG e vele pola súa pluraliade, imparcialidade e rigor. Meréceno os profesionais da TVG e, sobre todo, a cidadanía. Seguir lendo
O top ten de Eunonmanipulo tras 160.000 visitas
Ano e medio de vida, 798 artigos e 160.050 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, coa imparcialidade e coa pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.
Todos aqueles que queirades colaborar, desde dentro da TVG ou desde fóra, coa denuncia contra a manipulación informativa podedes dirixirvos a enonmanipulo@gmail.com. Garantimos confidencialidade absoluta. Tamén nos podedes seguir nos nosos grupos de facebook e twitter.
O top ten de Eunonmanipulo
Tras 16 meses de vida, con máis de 153.000 visitas, e case 800 artigos publicados, estes son, de menor a maior, os dez artigos con máis visitas de Eunonmanipulo.
Fe de erratas: si se dixo que Rafael Blasco era do PP
O pasado día 28 publicamos neste blog que o Telexornal Mediodía da TVG non daba a filiación política do ex conselleiro de Solidariedade da Comunidade de Valencia, Rafael Blasco, condenado a oito anos de cadea por prevaricación e malversación. Pois hoxe temos que aclarar que sí se dixo nese informativo que Blasco era do PP cando supostamente delinquiu. Malia que no texto da páxina web da CRTVG non figura o dato, a presentadora si o relacionou co Partido Popular na súa locución en directo.
Tamén nos titulares se vencellaba a Rafael Blasco co PP valenciano.
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-823917
Pedimos, pois, disculpas por este erro, aínda que mantemos que foi moi escasa a información que o telexornal deu sobre a condena de oito anos de cadea para Rafael Blasco por, entre outras cousas, malversar fondos públicos destinados ao terceiro mundo cando formaba parte do Goberno valenciano que presidía Francisco Camps.
Un premio merecido… para @s traballador@s da TVG
O venres 9 de maio coñécese a noticia de que a TVG ven de gañar o premio Iris da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, polo programa especial do accidente de Angrois emitido a noite do 24 de xullo de 2013.
O galardón valora o esforzo realizado pola Televisión de Galicia para relatar a traxedia.
Os telexornais deste venres emiten unha extensa referencia ao premio outorgado:
Desde eunonmanipulo congratulámonos deste premio por tod@s @s compañeir@s que aquel día deron un exemplo de profesionalidade e bon facer para informar a Galicia daquela terrible traxedia, como era e é a nosa obriga.
Pero ao mesmo tempo lamentamos – como se fixo neste mesmo blog días despois do sinistro – que a dirección de informativos da TVG non estivo á altura dos traballadores, obrigando a emitir imaxes moi morbosas das vítimas, mesmo en contra do criterio do xornalista encargado da noticia.
Moi ao noso pesar, o artigo que fixemos daquela sobre a emisión de tan duras imaxes segue sendo o máis visto na historia de eunonmanipulo.
Pero quedémonos co bon deste premio Iris á TVG, e a ver se dunha vez por todas este medio ofrece un servizo público de calidade, honesto e digno, sen manipulacións.
Ogallá pensase o mesmo a directora de informativos, que na reportaxe emitida hoxe – ao redor do minuto 3’11” – valora o galardón porque naquela triste xornada esta canle foi un SERVIZO PÚBLICO.
Mágoa que non o sexa todos os días.
Un ano de denuncias en Eunonmanipulo
“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”
Eunonmanipulo cumpre 11 meses. Os dez artigos máis lidos
Once meses de vida, 684 artigos e 129.722 visitas a Eunonmanipulo. Podes deixar comentarios en eunonmanipulo@gmail.com Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.