Xa comentamos que este blog só quere denuncia-la manipulación informativa que se repite día a día nos informativos da TVG, pero NUNCA IRÁ CONTRA A PROPIA EMPRESA, QUE CONSIDERAMOS TOTALMENTE NECESARIA PARA GALICIA.
Ademáis, pretendemos que dunha vez por todas se creen o Estatuto Profesional e o Consello de Informativos. E iso está amparado pola propia Lei.
A CRTVG ESTÁ OBRIGADA A SER OBXECTIVA, VERAZ E IMPARCIAL NAS INFORMACIÓNS.
Existen uns principios que deben inspirar a programación tales como: a defensa da identidade da nacionalidade galega, o respecto á liberdade de expresión, obxectividade, veracidade e imparcialidade das informacións. A separación entre as informacións e opinións e o respecto ao pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico.
Uns principios recollidos no artigo 16 da Ley 9/1984, de 11 de julio, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia publicada o 3 de agosto de 1984 no Diario Oficial de Galicia.
O dereito á información é un dereito fundamental e como tal debe estar protexido. Para iso a Corporación RTVG ten unha función básica: DEBERÁ CUMPRIR COA MISIÓN DE SERVIZO PÚBLICO.
E entre as ferramentas coas que debe contar para cumprir coa súa tarefa está o Estatuto Profesional destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos. Nel contémplase o Consello de Informativos como órgano interno de participación dos profesionais co fin de velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos.
Esta protección e ferramentas recóllense de xeito específico nos artigos 4 e 36 da Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia que publicou o DOG o venres 16 de decembro de 2011.
Debe estar conectado para enviar un comentario.