Un ano de denuncias en Eunonmanipulo

 

medios_tvg

“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”

Seguir lendo

Os apupos a Garzón si; o fallo ao seu favor, non

O martes 11 de febreiro, a Audiencia Nacional rexeita que as escoitas practicadas en prisión aos avogados dos imputados na causa da trama Gürtel contaminasen a instrucción, e descarta a nulidade que reclamaban varias defensas.

As escoitas foran ordeadas polo xuiz Garzón, o que lle custou una sentenza de inhabilitación de 11 anos.

Trama Gürtel, non grazas. Pero un pouquiño de UXT a diario

camps

       5 de xaneiro. Un novo informe da UDEF revela máis  informacións relativas á trama Gürtel. Diferentes medios dan conta de agasallos que, presuntamente, facía a rede corrupta a membros do Partido Popular, para conseguir contratos, segundo a Policía. 

Seguir lendo

Cascos e a corrupción do PP cuestión de segundos

1380737110913cascos-detalledn

 

3 de febreiro. A Policía Nacional informa ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz, que nas súas investigacións relacionan ao exministro Francisco Álvarez Cascos coas siglas P.A.C. que aparecen en documentos incautados á trama Gürtel como o maior perceptor de comisións procedentes da rede corrupta.

Seguir lendo

30 segundos para os correos de Blesa: tratos de favor, facturas do PP, enfrontamentos con Esperanza Aguirre

blesa

      14 de decembro. Segue a treboada informativa que xurdíu a través da publicación dos correos de Miguel Blesa, ex presidente de Caja Madrid e amigo persoal de Aznar.

Neles pódese ver os seus tratos de favor a familiares e amigos, e os enfrontamentos con Esperanza Aguirre. Tamén os seus movementos para controlar Iberia e a súa aposta por British Airways para facerse coa compañía española, que os conselleiros da caixa tiña tarxetas “en negro” ou facturas do PP.

Seguir lendo