Condenada unha exconcelleira do PP en Abegondo

abegondo

28 de xuño. Coñecemos que a exconcelleira de Abegondo Cristina Rabón, man dereita do alcalde, Xosé Antonio Santiso Miramontes, do Partido Popular foi condenada a 21 meses de prisión e inhabilitación por un delito continuado de falsidade en documento mercantil e público.

Tamén foi penada ao pagamento dunha multa de 1.800 euros por un delito de actividade prohibida a autoridade.

O seu delito foi falsificar a sinatura de catro mulleres para presentar unha empresa da que é dona a un concurso do concello.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/28/condenada-prision-exconcejala-abegondo-falsificacion-firmas/0003_201306G28P7991.htm

Na Galega non se informou desta nova, nin tampouco se pensou en pedir explicacións ao alcalde do PP que a mantivo de asesora no concello de Abegondo malia estar imputada.

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s