6 de febreiro. Unha enquisa de Sondaxe conclúe que sete de cada dez galegos rexeitan a reforma da Lei do aborto de Gallardón. A nova publicábaa La voz de Galicia:
6 de febreiro. Unha enquisa de Sondaxe conclúe que sete de cada dez galegos rexeitan a reforma da Lei do aborto de Gallardón. A nova publicábaa La voz de Galicia:
A súa protesta no pleno do concello e o posterior desaloxo pola policía local foi “silenciada” pola TVG. Unha “man negra” decidiu a ultima hora retirala, a pesar de que figuraba no informativo do mediodía e estaba lista para a súa emisión.
O xoves 30 de maio, uns 3.000 traballadores de Navantia e empresas auxiliares de Ferrol maniféstanse pola cidade e cortan o tráfico na ponte das Pías, con barricadas e fogueiras de neumáticos. Seguir lendo
Unha enferma de cancro iniciou o martes, 21 de maio unha folga de fame en Vigo co obxectivo de denunciar que “están modificando as leis e facéndoas moito máis duras para as persoas” que, como ela, están nunha “situación límite”.
Outros medios recollen as denuncias desta muller:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/05/22/enferma-cancer-inicia-huelga-hambre-vigo/814987.html
A Televisión de Galicia non se fai eco desta noticia.
O luns 13 de maio houbo na ría de Muros unha gran concentración marítima promovida por Greenpeace, para reclamar unha reforma da Política pesqueira común (PPC), que respecte a pesca sostible.
Participou o propio barco da organización ecoloxista, xunto con numerosas embarcacións de pesca da zona.
Coincidíu ademáis coa reunión en Bruxelas dos ministros de Pesca da Unión Europea, na que abordaron isa mesma reforma da PPC.
Moitos medios de comunicación trataron amplamente a noticia.
A TVG non deu absolutamente nada nos informativos. E PARA MAIOR VERGOÑA, mariñeiros que estiveron alí contan (moi indignados) que HABÍA UN EQUIPO DA TVG gravando imaxes e falando cos participantes.
Nin o Tx serán do día 13, nin o Bós días ou o Telexornal mediodía do día 14 deron un só segundo da concentración.
Ademáis de manipulación informativa, GASTO INÚTIL DE CARTOS E MEDIOS PÚBLICOS POLA MALA FE E/OU INCOMPETENCIA DOS RESPONSABLES DE INFORMATIVOS DA TELEVISIÓN DE GALICIA.
Debe estar conectado para enviar un comentario.