Comisión de obras do Partido Popular oculta, oculta

tribunal contas

24 de xuño. Varios medios publican que o que foi presidente do Tribunal de Contas ata fai só un ano, Manuel Núñez Pérez, foi o máximo responsable da comisión de infraestruturas do PP, un órgano cuxa existencia foi revelada por un dos empresarios imputados nos papeis de Bárcenas.

Seguir lendo

Nin unha voz crítica á reforma do Goberno

índice

Venres, 21. O Consello de Ministros aproba unha das reformas máis importantes da lexislatura, a das Administración Públicas. O Telexornal Serán elabora unha completa información sobre os anuncios que presentaron a vicepresidenta Sáenz de Santamaría e o ministro Montoro.

Seguir lendo

Ocúltase a iniciativa do BNG para cesar ao delegado do goberno

5371877w

 

O domingo 23 de xuño coñécese que o BNG presentou no Congreso dos deputados unha iniciativa para que o GOBERNO CENTRAL CESE AO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA, SAMUEL JUÁREZ, POR “INCOMPETENCIA DEMOSTRADA PARA EXERCER O SEU CARGO” E POR “MANIFESTACIÓNS ANTIDEMOCRÁTICAS”. Seguir lendo

Apupos á raíña si, pero a Wert non

O Telexornal serán do sábado 22 de xuño, ofrece a noticia de que a raíña Sofía recibíu asubíos e apupos no auditorio nacional, cando acudíu a un concerto – maratón de Beethoven:

A concentración de preferentistas no Obradoiro, nun segundo plano

        O telexornal mediodía do sábado 22 de xuño destaca nos titulares, DESPOIS DOS PREZOS DAS SARDIÑAS… a concentración de centos de afectados/as polas preferentes na praza do Obradoiro de Santiago:

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-30h-613482

Seguir lendo

“Heidi” é máis importante que a sesión das Caixas no Parlamento

caixas

O venres 21 de xuño, desenvólvese no Parlamento de Galicia unha das sesións máis importantes dos últimos anos, e mesmo da súa historia: A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS ANTIGAS CAIXAS DE AFORRO GALEGAS, CAUSAS E RESPONSABILIDADES DA ACTUAL SITUACIÓN, E INDEMNIZACIÓNS MILLONARIAS DOS SEUS EX-DIRECTIVOS. Seguir lendo