As citacións do xuiz aos “cargos do Partido”

         

O martes 30 de xullo, o xuiz da Audiencia nacional Pablo Ruz anuncia a citación como testemuñas da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, e os seus antecesores, Francisco Álvarez-Cascos e Javier Arenas, pola responsabilidade que teñen ou tiveron no PP para que declaren sobre a suposta contabilidade B (en diñeiro negro) do Partido.

Seguir lendo

As anovadoras reflexións do Papa, desapercibidas

       Na última fin de semana de xullo, durante a visita do Papa Francisco a Río de Janeiro, no Brasil, o Pontífice fai algunhas das declaracións e reflexións máis ABERTAS, PROGRESISTAS e, en certo xeito, REVOLUCIONARIAS na historia recente da igrexa católica.

Seguir lendo

Vergoñenta ocultación do interrogatorio a Bárcenas

            O venres 26, cando xa os Telexornais da TVG ofrecen outras noticias ademáis das referidas á catástrofe do tren, PUBLÍCANSE DETALLES ESPECIALMENTE CLARIFICADORES E ESCANDALOSOS DO “CASO BÁRCENAS”, TRALO INTERROGATORIO QUE LLE FOI REALIZADO AO EX-TESOUREIRO DO PP O PASADO 15 DE XULLO NA AUDIENCIA NACIONAL, cando xa levaba unhas semanas en prisión.

Seguir lendo

AS IMAXES QUE NUNCA DEBERON EMITIRSE, ORDE DA DIRECCIÓN DE INFORMATIVOS

           
           24 DE XULLO. Unha parte das imaxes que emitíu Televisión de Galicia do descarrilamento do tren en Santiago nunca deberon facerse públicas. E así tería sido se a dirección de informativos seguise o criterio cabal e profesional do redactor  que se encargou de editalas.
           Seguir lendo

CONDOLENCI​AS E RESPECTO DESDE “EUNONMANI​PULO”

        

Antes de nada, desde “eunonmanipulo” queremos mostrar a solidariedade e apoio a todas as vítimas do accidente ferroviario do pasado día 24 e aos familiares e persoas relacionadas dalgún xeito con elas.

Por respecto a todos eles e a dramática situación vivida en Galicia desde ese nefasto mércores 24, este blog sumouse ás condolencias e permaneceu inactivo varias xornadas.

Desde hoxe, unha vez que rematen os actos oficiais de Estado en memoria das vítimas, este blog recupera a súa actividade para denunciar a corrupción e manipulación informativa na CRTVG, para CONSEGUIR QUE SEXA UN AUTÉNTICO SERVIZO PÚBLICO DE CALIDADE, HONESTO E DIGNO, DO QUE SE SINTAN ORGULLOSOS/AS TODOS/AS OS/AS GALEGOS/AS.

Era visto (o concello de Pontevedra contra a TVG)

23 de xullo. O pleno municipal de Pontevedra declarou a TVG “medio partidista e hostil” á cidade porque “non” da unha información suficiente, plural e veraz da realidade do concello.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/266293.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/23/galicia/1374604864_712638.html

http://pontevedraviva.com/xeral/6149/pleno-pontevedra-tvg-partidista-hostil/

A TVG non fai referencia a esta información.

Seguir lendo

Eunonmanipulo, con Xaquín Marín

DSC_0161.jpg

Parece que non somos os únicos que pensamos que para ver os telexornais hai que tapar o nariz ou poñer mascariña.

O caso é velos sen intoxicarse.

Recollemos a viñeta que  publicou Xaquín Marín no xornal La Voz de Galicia poque cremos que ven moi a conto para este blog.

E o PP de Valencia?

O Telexornal Serán, principalmente, acostuma “compensar” as novas do caso Bárcenas con noticias sobre casos de corrupción que afectan a outros partidos, especialmente o PSOE. Ollo!, non as inventa, só faltaría, pero si que é raro que non aplique o famoso “e ti máis” tan común na estratexia dos principais partidos políticos españois.

Onte, no seu peculiar percorrido polo mapa da corrupción, informa sobre o anuncio de comparecencia do presidente do Goberno e da conta atrás para o embargo a Bárcenas se non paga a fianza.

A continuación, informa sobre o Caso ERE e o Caso Marea (que afectan de cheo ó PSOE en Andalucía e Asturias), pero esquece a información sobre a única demisión e imputación do día, a dunha deputada valenciá, ex-consellera de Camps. A nova recóllese en todos os medios. Por se é importante o dato, a política da que se esquece o Telexornal Serán é do PP. Outra coincidencia?

http://www.abc.es/local-comunidad-valenciana/20130722/abci-alicia-miguel-201307221223.html

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/3080851/local+comunidad-valenciana/alicia-de-miguel-deja-el-escano-horas-antes-de

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/22/valencia/1374505527.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/22/valencia/1374489619_463140.html

http://www.europapress.es/nacional/noticia-dimite-motivos-personales-diputada-pp-cortes-valencianas-alicia-miguel-20130722133728.html