Sen noticias de Blesa

blesa aznar

21 de xaneiro. O expresidente de Caja Madrid Miguel Blesa pediu ao maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu que non incorpore á causa que investiga á directiva da entidade polas preferentes os seus correos corporativos difundidos por varios medios e redactados polo propio Blesa cando se encontraba á fronte da entidade.

Seguir lendo

30 segundos para os correos de Blesa: tratos de favor, facturas do PP, enfrontamentos con Esperanza Aguirre

blesa

      14 de decembro. Segue a treboada informativa que xurdíu a través da publicación dos correos de Miguel Blesa, ex presidente de Caja Madrid e amigo persoal de Aznar.

Neles pódese ver os seus tratos de favor a familiares e amigos, e os enfrontamentos con Esperanza Aguirre. Tamén os seus movementos para controlar Iberia e a súa aposta por British Airways para facerse coa compañía española, que os conselleiros da caixa tiña tarxetas “en negro” ou facturas do PP.

Seguir lendo

A investigación de Blesa segue adiante

blesa aznar

A Audiencia de Madrid anula o auto no que o xuíz Elpidio José Silva ordenou a prisión eludible baixo fianza de 2,5 millóns do expresidente de Caixa Madrid Miguel Blesa pola compra do City National Bank (CNB) de Florida, pero cre que hai indicios abondo para investigar estes feitos.

Seguir lendo

De puntillas pola contradicción do PP en torno ás preferentes

 protesta bankia

O Telexornal Serán pasou de puntillas pola contradictoria forma de actuar do PP en torno a quita para os propietarios de participacións preferentes. Votou en Madrid en contra da proposta do BNG para que os preferentistas recuperaran todo o seu diñeiro, mentres que en Galicia votou a favor.

Así se deu no informativo de TVG, que apenas deixa entrever esta contradicción.

http://www.crtvg.es/informativos/o-congreso-rexeita-a-devolucion-por-lei-dos-cartos-dos-preferentistas-595367

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-parlamento-de-galicia-debatera-unha-iniciativa-lexislativa-contra-a-quitacion-a-pequenos-aforradores-595366

 

Así se deu nos xornais de referencia de Galicia.

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/28/pp-rechaza-tarde-congreso-propuesta-apoyo-manana-galicia/00031369760771388411984.htm

 

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/29/pp-veta-congreso-anular-quitas/818620.html

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/28/galicia/1369771490_670200.html

TVG nin sequera se deu a noticia na portada do informativo.

Ao día seguinte a contradicción entre o PP e o PPdeG aparece destacada nas portadas dos oito grandes xornais de Galicia como podedes apreciar neste enlace. En todas!!
Por qué no Telexornal non?

 PLENO DEL CONGRESO

O Telexornal Serán tampocuo informa do ocorrido o día 28 na bolsa de Madrid coas accións de Bankia.  Os preferentistas desta entidade, obrigados a cambiar o seu diñeiro por accións, chegaron a perder o 75 por cento dos seus cartos.

Así o deron algúns dos xornais de referencia de España

 

http://economia.elpais.com/economia/2013/05/28/actualidad/1369725730_656793.html

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/27/economia/1369645327.html

 

TVG deu unha información de 22 segundos no Telexornal do Mediodía, e nada no da tarde.