Parece que Televisión de Galicia segue a consigna do PP de lavarlle a cara o ministro de Educación, Ignacio Wert.
Arquivo por días: Xuño 26, 2013
As parvadas do PP non son noticia
Na sesión do Parlamento de Galicia do martes 25 de xuño, durante o debate dunha moción sobre a situación da empresa Pescanova, un deputado da oposición (do PS de G-PSOE) pregunta porqué NON HAI NINGÚN MEMBRO DO GOBERNO DA XUNTA NOS SEUS ESCANOS…
Négase a prohibir os touros o Parlamento, non o PP
O martes 25 de xuño, debátese no Parlamento de Galicia unha proposición de lei do BNG para tramitar a prohibición das corridas de touros en Galicia.
Despois do debate parlamentario a proposta é votada, e REXEITADA POLA MAIORÍA ABSOLUTA DO PP, COS VOTOS EN CONTRA DA OPOSICIÓN: PS de G-PSOE, AGE e BNG.
A investigación de Blesa segue adiante
A Audiencia de Madrid anula o auto no que o xuíz Elpidio José Silva ordenou a prisión eludible baixo fianza de 2,5 millóns do expresidente de Caixa Madrid Miguel Blesa pola compra do City National Bank (CNB) de Florida, pero cre que hai indicios abondo para investigar estes feitos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.