O empresario coruñés Gerardo Crespo, presunto líder dunha suposta trama de fraude en cursos de formación para captar subvencións públicas, é un destacado militante do Partido Popular na Coruña.
Arquivo por etiquetas: Corrupción
Matas entra no cárcere… coma se nada

Luns 28 de xullo. Jaume Matas, que foi Ministro con Aznar varios anos, presidente das Baleares en dúas etapas, e líder do PP nas illas desde 1996 ata 2007, entra no cárcere para cumprir unha condena de 9 meses por corrupción, por tráfico de influencias.
Matas é o político do PP de maior rango institucional que entra en prisión.
Xunto ao ex-presidente socialista de Navarra, Gabriel Urralburu, é ata agora o único máximo responsable autonómico encarcerado. Só outro socialista, José Barrionuevo, precede a Matas como único ex-ministro preso en España durante a actual etapa democrática, no seu caso por participar na chamada “guerra sucia” contra ETA.
Quén apoiaba a Rafael Blasco cando malversou fondos?
Mércores, 28 de maio. A xustiza valenciana condena ao exconseller Rafael Blasco a oito anos de cadea e 20 de inhabilitación por fraude nas axudas ao desenvolvemento, delito supostamente cometido cando era responsable do departamento de Solidaridad no Goberno de Francisco Camps, do PP. Seguir lendo
Paula Prado vs Gómez Besteiro: como non imos pensar mal?
Paula Prado, a protexida
Por segundo día consecutivo, tras o levantamento do segredo de sumario dunha nova parte da Pokemon, a Televisión de Galicia prioriza a información sobre a implicación de políticos socialistas. As novas sobre a voceira parlamentaria do Partido Popular, Paula Prado, quedan marxinadas nos Telexornais.
A diferenza de trato entre Paula Prado e Orozco
Martes, 25 de marzo: Levántase o segredo de sumario de novos tomos da investigación da coñecida como Operación Pokemon, con revelacións relacionadas, entre outros, con López Orozco, Pachi Vázquez, Fernández Liñares e Paula Prado. A TVG incide unha vez máis nas informacións que afectan a cargos socialistas.
Minimizando a crise do PP de Santiago
O luns tres de marzo a apertura de xuízo oral a sete concelleiros de Santiago acusados de prevaricación só merece trinta segundos nos telexornais, case a terceira parte, por exemplo, ca moción de confianza en Teo.
O mutante criterio informativo para contar os debates sobre a corrupción
Xoves, 27 de febreiro: o pleno do concello de Santiago impide, pola maioría absoluta do PP, a convocatoria dun pleno extraordinario para debater sobre a operación Pokemón, na que están implicados tres concelleiros do Partido Popular e un do Partido Socialista.
A obsesión da TVG con Liñares
A obsesión dos telexornais da Televisión de Galicia co sumario da Pokemon ten un nome e dous apelidos: Francisco Fernández Liñares.
As presións antisindicalistas de Adrián Varela, fóra dos telexornais
Desde que o sumario da operación Pokemon desvelou que Adrián Varela, concelleiro do PP en Santiago, pediu a empresa Vendex que despedira unha traballadora porque era a muller dun sindicalista que molestaba no concello, a indignación en contra deste edil non cesa.
Debe estar conectado para enviar un comentario.