Cospedal di que foi un erro tranferir as competencias en educación

11 de decembro. A presidenta de Castela-A Mancha, María Dolores Cospedal, foi a protagonista dos Escenarios Políticos do diario ABC, nun acto celebrado no Hotel Hilton de Toledo.

Ante máis de 400 convidados, asegurou que foi un erro transferir as competencias en educación as comunidades autónomas.

Seguir lendo

Peche de escolas unitarias

escolas unitarias

28 de xuño. O próximo curso hai 22 unitarias que non terán o número mínimo de nenos e nenas que dende hai anos fixa a Consellería de Educación para manter aberto un centro (6).

Case a metade, de feito, non chegan nin aos catro matriculados. O futuro inminente destes centros é pechar a partir de setembro, seguindo o ronsel doutras 150 unitarias que clausuraron as súas portas nos últimos anos.

Os dous medios de referencia de Galicia falan desta nova:

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/28/xunta-cerrara-22-escuelas-unitarias/836666.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/28/galicia-quedo-170-escuelas-unitarias-ultimos-nueve-anos/0003_201306G28P4995.htm

Na Galega non se fixo referencia a esta información.

Impagament​os de matrículas nas universida​des galegas

universitarios

 

Como consecuencia da crise, máis de mil universitarios galegos poden ser expulsados das súas universidades polos impagamentos das matrículas. A noticia foi mesmo portada nalgúns xornais, que a recolleron con detalle durante os últimos días.

http://kiosko.net/es/np/correo_gallego.html (portada El Correo Gallego)

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/06/08/universidad-ayudara-476-alumnos-pagar/824959.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/07/mil-universitarios-gallegos-pueden-expulsados-impago/0003_201306G7P8999.htm

A Televisión de Galicia non deu ningunha información ao respecto.

Non é importante a humillació​n dos universita​rios a Wert

Martes 4 de xuño. O Ministro de Educación, José Ignacio Wert, acode ao Auditorio nacional de Madrid á entrega dos premios nacionais fin de carreira, que recoñecen aos alumnos máis brillantes da Universidade

No transcurso do acto, UNHA DUCIA DOS GALARDOADOS NÉGANLLE O SAÚDO A WERT, reivindicando con palabras e coas súas camisetas “UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA LIBRE E PARA TODOS” Seguir lendo

Destacando un recurso A PROL da segregación de sexos

1232060403_850215_0000000000_sumario_normal

No Telexornal serán do luns 13 de maio, DESTÁCASE unha información sobre a admisión a trámite por parte do Tribunal constitucional, dun recurso CONTRA A SENTENZA QUE ANULABA OS CONCERTOS CON COLEXIOS QUE SEGREGAN AOS ALUMNOS POR SEXO…

http://www.crtvg.es/informativos/admiten-a-tramite-un-recurso-contra-a-sentenza-que-anula-os-concertos-cos-colexios-que-segregan-por-sexo-585629

A nova ilústrase con imaxes de clases e/ou actividades SÓ DE NENOS, e polas apariencias, de Colexios de elite… na última imaxe mesmo aparece un neno con “PAJARITA”…