Acabamos de coñecer unha triste e lamentable noticia dentro da TVG, que ademáis pode ter consecuencias laborais futuras moi negativas…
Así, de súpeto: DESAPARECE O PROGRAMA DOS SERVIZOS INFORMATIVOS “REPORTEIROS” !!!!!
É o espazo de reportaxes que se emite os sábados pola tarde na TVG, que aporta o selo de calidade, coidada elaboración e análise detallada de todos aqueles asuntos que nos Telexornais soamente ocupan algúns minutos, e en “Reporteiros” son tratados máis polo miúdo.
Facendo unha comparación simplista, “Reporteiros” é á TVG o que “Informe semanal” é a TVE.
Deixando á marxe a elección das reportaxes e/ou o tratamento informativo deles (algo subxectivo e, polo tanto, discutible), a medida parece absurda e sen ningún tipo de fundamento por varias razóns: é o programa que complementa e marca diferenzas nos Informativos; ten unha audiencia bastante aceptable; non supón case ningún gasto económico (non se fan grandes viaxes nin compras de material alleo); e é un espazo que xa recibíu numerosos premios e galardóns polo seu labor xornalístico e de divulgación.
“Reporteiros” leva -nesta etapa- catro anos ininterrompidos (agás nos meses de xullo e agosto) de emisión semanal. É un programa que conta cun gran equipo humano de xornalistas e técnicos.
A decisión de suprimilo programa sorprende aínda máis cando parece confirmarse que o espazo de “debate” “Foro Aberto” vai continuar a vindeira temporada…
É o mundo ao revés: desaparece a calidade de “Reporteiros” e mantéñense o nulo rigor e o partidismo descarado (pro PP) de “Foro Aberto”, co seu presentador Carlos Luis Rodríguez como penoso exemplo do que nunca debe reflectir un servizo público como a TVG.
E coa peculiaridade de que o mencionado Carlos Luis Rodríguez NON PERTENCE AO CADRO DE PERSOAL DA CRTVG… e cobra unha boa suma de diñeiro (xa lles diremos canto) por cada programa. Por certo, cunha AUDIENCIA RIDÍCULA que case nunca supera O UN POR CENTO DE “SHARE” (1 espectador de cada 100 que ven a televisión nese momento).
Se os responsables da TVG queren optimizar os recursos propios… porqué manteñen a este personaxe nun espazo que pretende ser “estrela” dos informativos e que cada vez ten menos credibilidade ???; porqué non se encarga de presentar “foro aberto” algún dos/as excelentes profesionais que hai na casa ???…
Desde este blog, onde SEMPRE DESTACAMOS A IMPORTANCIA DA CRTVG COMO SERVIZO PÚBLICO, PEDÍMOSLLE AOS RESPONSABLES DA EMPRESA, E MESMO AOS DIRIXENTES POLÍTICOS, QUE NON SUPRIMAN UN PROGRAMA TAN SIMBÓLICO DOS SERVIZOS INFORMATIVOS COMO “REPORTEIROS”.
SE DESAPARECE PODE SER O PRINCIPIO DA FIN; UN CHANZO MÁIS NA PRIVATIZACIÓN DUN MEDIO QUE DEBE DIGNIFICAR GALICIA E ÁS GALEGAS E GALEGOS, E NON CONVERTERSE NUN NEGOCIO PARA UNS CANTOS QUE SÓ QUEREN ENCHER O PETO, SEN IMPORTARLLES NIN ESTE PAIS NIN AS PERSOAS.