Marcial Dorado, o ex-amigo de Feijóo, pasa desapercibido

El narcotraficante gall.ego Marcial Dorado, durante el juicio hoy en...
O xoves 8 de maio comeza na Audiencia nacional o xuízo contra Marcial Dorado por branqueo de diñeiro procedente da droga.
Dorado, que xa está cumprindo condena por narcotráfico, enfróntase a unha posible pena de 15 anos de prisión e 42 millóns de euros de multa.

Seguir lendo

A Galega volve omitir as críticas a Feijóo

Luns, 30 de decembro. Conferencia de prensa do voceiro nacional do BNG Francisco Jorquera para facer balance do ano parlamentario. Distintos medios de comunicación galegos, axencias ou xornais, ademais de dar conta deste balance, destacan as declaracións de Jorquera nas que fai duras críticas contra a política de Núñez Feijóo.

Ocultando os enfrontamentos no debate

yolanda e feijóo

11 de setembro 2013. Pleno no Parlamento de Galicia marcado pola tensión e os enfrontamentos entre eles un de Feijóo con Yolanda Díaz de AGE, por mor do caso Bárcenas e os contratos con Marcial Dorado que recollen varios medios galegos. O presidente da Xunta dixo sentir vergoña do ex tesoureiro.

Seguir lendo

As parvadas do PP non son noticia

Hipólito Fariñas

Na sesión do Parlamento de Galicia do martes 25 de xuño, durante o debate dunha moción sobre a situación da empresa Pescanova, un deputado da oposición (do PS de G-PSOE) pregunta porqué NON HAI NINGÚN MEMBRO DO GOBERNO DA XUNTA NOS SEUS ESCANOS…

Seguir lendo

“Heidi” é máis importante que a sesión das Caixas no Parlamento

caixas

O venres 21 de xuño, desenvólvese no Parlamento de Galicia unha das sesións máis importantes dos últimos anos, e mesmo da súa historia: A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS ANTIGAS CAIXAS DE AFORRO GALEGAS, CAUSAS E RESPONSABILIDADES DA ACTUAL SITUACIÓN, E INDEMNIZACIÓNS MILLONARIAS DOS SEUS EX-DIRECTIVOS. Seguir lendo

O labor da oposición non existe nos Telexornais

índice

 

Martes, 21 de maio: Na Xunta de Portavoces, os grupos da oposición adiantaron que pedirán máis documentación sobre os contratos de empresas do narcotraficante Marcial Dorado coa Xunta. Entenden que deben estar arquivados pola obriga que establece a Lei de Patrimonio Cultural. No Telexornal Serán non se ofrece ningunha información. No Telexornal Mediodía apenas hai unha pequena referencia.

http://www.crtvg.es/informativos/o-ppdeg-segue-esperando-resposta-a-sua-oferta-de-dialogo-sobre-a-reducion-de-deputados-590184

As duras declaracións dos grupos da oposición sobre a reducción de deputados e sobre os contratos da Xunta coas empresas de Dorado non se escoitaron nos Telexornais, malia que é unha obriga dar voz a todos os grupos políticos. Outros medios si as recollen.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/21/beiras-llama-boicot-contra-reforma-electoral-pp/0003_20130520130521141735198.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/21/galicia/1369151343_794579.html

http://www.eldiario.es/galicia/oposicion-rechaza-complice-recorte-Parlamento_0_134737355.html

As fotos de Marcial Dorado con Feijóo seguen sen ser noticia

 

Dorado e Feijoo

 

Martes 14 de maio. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu que o seu Goberno está a actuar con “toda a transparencia” no que respecta á relación da Administración galega con empresas vinculadas co narcotraficante Marcial Dourado e reafirmouse en que se facilitarán todos os datos que se demanden ao respecto, tras a publicación dunhas fotos súas co contrabandista realizadas nos 90.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/feijoo-reitera-facilitara-toda-documentacion-contratos-dorado/idEdicion-2013-05-14/idNoticia-806591/

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/14/sanidade-informara-parlamento-contratos-epoca-fotos-feijoo-dorado/809767.html

http://www.eldiario.es/politica/Feijoo-ocultar-contratos-empresas-Dorado_0_132287279.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/13/galicia/1368472667_867704.html

Feijóo fixo estas declaracións aos xornalistas despois de que a Xunta rexistrase no Parlamento de Galicia unha solicitude para que un alto cargo de Sanidade compareza para explicar se a Consellería asinou contratos con empresas de Marcial Dourado entre os anos 1992 e 1998, etapa na que Feijóo era número dous deste departamento.

Na Galega non se informou destas declaracións. Para os xefes de redacción e os directores dos informativos as fotos de Dorado con Feijóo seguen ser noticia.

As fotos de Feijoo con Dorado volven á TVG !!!

 

feijoo_foto610x342

 

O venres 10 de maio, durante a emisión da Revista da mañá, faise unha conexión co “Xuventude Galicia net” que se celebra en Santiago.

Cando intervén o xornalista que fai o directo… ao seu carón UN DOS PARTICIPANTES XIRA O ORDENADOR, E NA PANTALLA APARECE UNHA DAS FOTOS DE FEIJOO CON MARCIAL DORADO !!!!!

http://www.crtvg.es/informativos/comeza-a-14-edicion-de-xuventude-galicia-net-583600

Paradoxas do destino: saíu máis tempo esa foto de FEIJOO con DORADO nun so espazo de “A Revista” que en tódo-los Telexornais e programas informativos anteriores, cando foi noticia de gran notoriedade… e mesmo motivo de comparecencia do propio Feijoo no Parlamento de Galicia…