E a manifestación dos emigrantes contra Facenda ??

       O venres 5 de decembro, uns 2.000 emigrantes galegos retornados do estranxeiro maniféstanse polas rúas de Ourense contra o Ministerio de Facenda e contra a Xunta de Galicia e o seu presidente Alberto Núñez Feijoo.

        Protestan para reclamarlle a Facenda que lles retire as multas por non ter cotizado en España polas pensións que lles foron concedidas nos países onde traballaron.
Seguir lendo

A grave crise do PP en Santiago, en 9 segundos !!!

 

                 O sábado 7 de xuño, continúan xerándose informacións sobre a grave crise que vive o goberno local do PP no concello santiagués, e sobre todo constátanse as tremendas diverxencias entre o alcalde, Ángel Currás, e os dirixentes do seu partido, nomeadamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

                  A opinión xeral é un clamor contra Currás, e tanto desde o PP coma desde outros partidos políticos considérase que o mellor que podería facer é dimitir, algo ao que se nega rotundamente.

Seguir lendo

O “mundo feliz” do concello de Santiago

          Xoves, 5 de xuño. O goberno local do concello de Santiago (PP) segue sumido nunha tremenda crise institucional e política, e “baixo mínimos” tras a dimisión nos últimos días de nove edís, sete deles xa condenados pola xustiza por un delito de prevaricación.
         Agora mesmo, repártense tódalas areas de goberno municipal só dúas persoas: o alcalde, Ángel Currás – imputado en dous posibles delitos – e a concelleira Reyes Leis.

Seguir lendo

As ambigüidades de Feijóo sobre o aborto non interesan a TVG

feijoo gallardon

A diputada do PSdeG- PSOE Carmen Acuña censurou hoxe, 27 de xaneiro, que o presidente da Xunta “presuma de moderado” nas súas declaracións sobre a reforma da lei do aborto cando desde a Xunta apoia á asociación pro vida  Red Madre. Seguir lendo

A Galega volve omitir as críticas a Feijóo

Luns, 30 de decembro. Conferencia de prensa do voceiro nacional do BNG Francisco Jorquera para facer balance do ano parlamentario. Distintos medios de comunicación galegos, axencias ou xornais, ademais de dar conta deste balance, destacan as declaracións de Jorquera nas que fai duras críticas contra a política de Núñez Feijóo.

A Deputación da Coruña sobe os soldos e Feijóo mira para outro lado

dipu coruña

12 de decembro. El Pais publica que o PP impuxo, grazas á súa maioría absoluta, fortes subas salariais, a creación dunha decena de xefaturas cubertas na súa maioría con funcionarios procedentes da Xunta, e unha reorganización do equipo que fai cachizas as tan reiteradas promesas de adelgazar a Administración e evitar duplicidades que constituían o cabalo de batalla electoral do PP cando chegou en 2011 ao goberno da Deputación coruñesa.

Seguir lendo

TVG censura as críticas a Feijóo pola súa postura ante a sentenza do Prestige

Imágenes integradas 4

 

Venres, 15 de novembro: Ao mesmo tempo que a TVG reduce á mínima expresión e relega a un lugar totalmente secundario as informacións sobre a sentenza do Prestige (minuto 23 do informativo do mediodía e minuto 14 do Telexornal Serán), levántanse voces contra o presidente da Xunta.

 

Seguir lendo