A TVG encóntralle a Rajoy o “encaixe” que lle negou a Feijóo

Dorado e Feijoo

 

Rajoy ten encaixe na programación da TVG. Feijóo, en cambio, non.

 

A TVG ofreceu en directo e completa a primeira intervención do presidente do Goberno ante o pleno do Congreso para dar explicacións polos caso Bárcenas. É de agradecer que, desta volta, se “encontrara encaixe” a esta comparecencia, algo que non sucedeu hai meses cando o presidente da Xunta compareceu ante o Parlamento de Galicia polas súas fotos co narcotraficante Marcial Dorado.

Daquela, a TVG limitou á súa web a emisión da importantísima comparecencia do presidente da Xunta. A explicación do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, foi que “non tiña encaixe na programación dunha televisión xeralista como a TVG”.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/30/galicia/1369927189_089076.html

http://www.europapress.es/galicia/noticia-crtvg-justifica-no-tenia-encaje-retransmitir-directo-comparecencia-feijoo-relacion-dorado-20130530152102.html

Habería que preguntarlle agora ao director xeral por qué Rajoy si ten encaixe e o presidente da Xunta, en cambio, non o ten na televisión pública de todos os galegos. Outra televisión é posible.

 

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s