A Galega volve omitir as críticas a Feijóo

Luns, 30 de decembro. Conferencia de prensa do voceiro nacional do BNG Francisco Jorquera para facer balance do ano parlamentario. Distintos medios de comunicación galegos, axencias ou xornais, ademais de dar conta deste balance, destacan as declaracións de Jorquera nas que fai duras críticas contra a política de Núñez Feijóo.
Jorquera di: “As políticas do PP son as responsables da situación de emerxencia nacional na que está Galicia (…) A Feijóo estórballe o Parlamento (…) O Goberno galego está instalado na propaganda”.
Unha vez máis a Televisión de Galicia busca o xeito de omitir as críticas ao Partido Popular e a Núñez Feijóo e reduce esta noticia a unha declaración de Jorquera sobre o bó traballo do grupo parlamentario do BNG. Na introducción do mesmo hai unha mención crítica (“O BNG acusa ao PP de vender o país”), pero as palabras de Jorquera son outras.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s