Marcial Dorado, o ex-amigo de Feijóo, pasa desapercibido

El narcotraficante gall.ego Marcial Dorado, durante el juicio hoy en...
O xoves 8 de maio comeza na Audiencia nacional o xuízo contra Marcial Dorado por branqueo de diñeiro procedente da droga.
Dorado, que xa está cumprindo condena por narcotráfico, enfróntase a unha posible pena de 15 anos de prisión e 42 millóns de euros de multa.

O inicio da vista contra este histórico do contrabando en Galicia, máis célebre aínda desde hai un ano pola aparición dunhas fotos dos anos noventa con Feijoo cando o actual presidente da Xunta era un alto cargo de Sanidade, é recollido extensamente e de xeito destacado polos medios de comunicación:

http://www.europapress.es/galicia/noticia-audiencia-nacional-prosigue-juicio-contra-marcial-dorado-aplaza-teniente-coronel-acusado-blanqueo-20140508124149.html

http://www.efe.com/efe/noticias/espana/sociedad/narco-marcial-dorado-alega-nulidad-del-caso-juicio-por-blanqueo/1/5/2312873?utm_source=wwwefecom&utm_medium=rss&utm_campaign=rss

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/05/08/narco-marcial-dorado-consigue-suspender-juicio-contra-audiencia-nacional/00031399540730772816155.htm

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/08/audiencia-prosigue-juicio-dorado-aplaza/1019404.html

http://www.elmundo.es/espana/2014/05/08/536b5527e2704e34278b4570.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/08/galicia/1399551408_429862.html

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/330600-narco-marcial-dorado-alega-irregularidades-juicio-conseguir-nulidad

 

Pero o Telexornal mediodía da TVG non lle da a mesma importancia. Só ofrece algo máis de vinte segundos de imaxes, dunha información “light”… que vai de noticia número 33 !!!!!:

http://www.crtvg.es/informativos/a-audiencia-nacional-xulga-desde-hoxe-a-marcial-dorado-por-branqueo-de-capitais-810904

Por suposto, os titulares nin mencionan a noticia:

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-810939

 

O mesmo ocorre no Telexornal serán. Só uns segundos para dar a noticia, e moi avanzado o informativo:

http://www.crtvg.es/informativos/marcial-dorado-no-banco-dos-acusados-por-branqueo-de-capitais-811520

E que dicir da opinión de Feijóo sobre o asunto… nada de nada, malia que foi preguntado polos xornalistas tralo Consello da Xunta, e varios medios reflectiron as súas opinións, máis ben evasivas:

http://www.europapress.es/nacional/noticia-feijoo-juicio-narco-marcial-dorado-jueces-decidiran-consideren-oportuno-20140508181009.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/05/08/feijoo-dorado-jueces-decidiran-oportuno/1019480.html

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18895.html

http://www.sermosgaliza.com/articulo/galiza/feijoo-xuizo-ao-seu-amigo-dorado-xuices-decidiran/20140508191030027041.html

Sorprende especialmente esa ocultación das declaracións de Feijóo sobre o xuízo a Dorado, cando no mesmo Telexornal – no que pode ser case un récord – danse ata cinco (5)!!!!! intervencións do presidente da Xunta sobre distintos temas:

1) Taxas universitarias: http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-aproba-a-conxelacion-das-taxas-universitarias-810938

2) Navantia: http://www.crtvg.es/informativos/nunez-feijoo-cre-que-navantia-entra-nunha-nova-etapa-810936

3) Xuízo aos concelleiros do PP de Santiago: http://www.crtvg.es/informativos/sen-titulo-810921

4) O arrepentimento dun membro de Resistencia galega: http://www.crtvg.es/informativos/sen-titulo-810914

5) E as “ausencias” de deputados no Parlamento, en alusión a Beiras: http://www.crtvg.es/informativos/sen-titulo-810913

Por último, sinalar que os telexornais tampouco dan nada sobre a reclamación doutra das acusadas no proceso contra Marcial Dorado – Rosa Stampa, que ademáis é avogada -, para que a Xunta entregue os contratos que asinou en distintas etapas coas empresas do narcotraficante:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/05/08/acusada-reclama-xunta-entregue-contratos-haya-firmado-marcial-dorado/00031399558663864525433.htm

Ningunha opinión sobre o xuízo, nin sequera de asociacións antidroga; ningún informe sobre a traxectoria delictiva de Dorado… nin asomo das fotos e da relación entre o narcotraficante e Feijóo… todo un exemplo de rigor e credibilidade. Unha vez máis, @s responsables de informativos da TVG retrátanse.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s