Fe de erratas: si se dixo que Rafael Blasco era do PP

O pasado día 28 publicamos neste blog que o Telexornal Mediodía da TVG  non daba a filiación política do ex conselleiro de Solidariedade da Comunidade de Valencia, Rafael Blasco, condenado a oito anos de cadea por prevaricación e malversación. Pois hoxe temos que aclarar que sí se dixo nese informativo que Blasco era do PP cando supostamente delinquiu.  Malia que no texto da páxina web da CRTVG non figura o dato, a presentadora si o relacionou co Partido Popular na súa locución en directo.

http://www.crtvg.es/informativos/8-anos-de-prision-e-20-de-inhabilitacion-para-o-ex-conselleiro-valenciano-de-solidariedade-823893

Tamén nos titulares se vencellaba a Rafael Blasco co PP valenciano.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-823917

Pedimos, pois, disculpas por este erro, aínda que mantemos que foi moi escasa a información que o telexornal deu sobre a condena de oito anos de cadea para Rafael Blasco por, entre outras cousas,  malversar fondos públicos destinados ao terceiro mundo cando formaba parte do Goberno valenciano que presidía Francisco Camps.

 

 

Advertisements

A autocrítica postelectoral de Feijóo non interesa

 

Tres días despois das eleccións europeas, o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo declaraba que os casos de corrupción “tiveron un peso non menor” nos resultados destes comicios e chamaba a facer autocrítica.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/28/galicia/1401281313_361229.html

A nova foi recollida durante varios días en medios galegos e de tirada estatal con diversas liñas editoriais:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/05/29/feijoo-admite-desgaste-electoral-corrupcion/0003_201405G29P3991.htm
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/feijoo-hace-autocritica-pide-saber-interpretar-aviso-25-m/idEdicion-2014-05-29/idNoticia-871655/
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/05/29/feijoo-admite-ahora-corrupcion-tuvo/1032482.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/05/29/feijoo-admite-ahora-corrupcion-tuvo/846071.html
http://www.abc.es/espana/20140528/abci-feijoo-autocritica-victoria-europeas-201405281934.html
http://www.periodistadigital.com/galicia/la-coruna/2014/05/30/el-presidente-nunez-feijoo-admite-que-la-corrupcion-tuvo-un-peso-no-menor-en-las-europeas.shtml

Porén, as declaracións non tiveron cabida en ningún dos informativos da televisión pública galega. A autocrítica, aínda que veña do presidente, non interesa.

Santiago segue a ser menos importante ca outros concellos

bng entierra corrupcion

Os problemas que arrastra Santiago por implicacións dos seus políticos do PP  en casos de suposta corrupción sempre foron peor valorados polos responsables dos informativos da Televisión de Galicia que os relacionados cos concellos de Lugo e Ourense, gobernados polo PSdeG-PSOE.

Seguir lendo

Algo pasa en Santiago: PP 3 – Oposición 0


Pleno-Concello-Santiago

Despois de que onte, día 3 de marzo, o Telexornal Serán apenas dedicase medio minuto á decisión xudicial de sentar no banquiño a sete membros do concello de Santiago, do PP, hoxe, 4 de marzo, o Telexornal Mediodía foi máis xeneroso cos tempos, pero só para darlle voz ó PP.

Seguir lendo

A TVG relega ao informativo local a información sobre a Pikachu

 

 

A querencia dos responsables dos servizos informativos pola información municipal parece diluirse cando se trata de informar de asuntos incómodos para o Partido Popular.

O trato hospitalario preferente para Bárcenas non é noticia en TVG

barcenasO extesoureiro do PP Luis Bárcenas foi ingresado o pasado día 30 de decembro no hospital Gregorio Marañón por culpa dunha urticaria. Os traballadores do  hospital confirmaron que recibira un trato preferente, que o atenderan na área de doentes con risco vital cando o seu era una doenza menor. O día 2 de xaneiro xa o publicaban algúns medios.

Para a TVG, que un presunto delincuente económico sexa tratado dese xeito, incluso recibido polo xefe de garda como si fora un persoeiro relevante, non ten importancia, e por suposto non infoma do asunto.

Os regalos da Gürtel a Ana Aznar tampouco saen na TVG.

anita aznarita

A ocultación das novas que teñan relación coa trama Gürtel comeza a ser algo máis ca un escándalo. Os telexornais da TVG están quedando día a día en evidencia polo seu desexo de pretender (só pretender) que ninguén en Galicia saiba nada sobre este asunto. Seguir lendo