Arquivo por etiquetas: Goberno
Ningunha imaxe das cargas policiais en Santiago
O luns 25 de agosto, co gallo da visita de Merkel a Santiago para xuntarse con Rajoy, “blíndase” literalmente a praza do Obradoiro para evitar as multitudinarias protestas contra as políticas de recortes auspiciadas pola chanceler alemá en Europa, e aplicadas fielmente polo goberno español.
A reforma fiscal de Montoro, a salvo das críticas dos técnicos
Luns, 23 de xuño: os técnicos do ministerio de Facenda consideran que a reforma fiscal aprobada polo Goberno é “regresiva e insuficiente”.
Ocultando as protestas dos cidadáns
21 de marzo. Achéganse a Madrid as seis columnas das Marchas da dignidade, que sairon de todo o Estado entre finais de febreiro e principios de marzo e preparan a súa entrada na capital o sábado, onde se xuntarán en Atocha.
Todos contra Juárez
O luns 17 de marzo tres responsables de Tráfico en Galicia rexeitan por escrito comparecer diante da comisión de seguridade vial do Parlamento de Galicia ao non recoñecer a súa competencia. Seguir lendo
Campaña contra a xuíza que non viu delito no “escrache” a vicepresidenta
6 de febreiro. O PP difundíu un vídeo no que relata que a maxistrada Isabel Valldecabres, membro do tribunal que non viu delito no ‘escrache’ ao vicepresidente Soraya Saénz de Santamaría, denunciou no seu día o acoso que sufriu a ministra de Igualdade, Bibiana Aído, da que foi asesora.
Maquillando os datos do paro
O día 4 publicáronse os datos do paro do mes de xaneiro. O número de desempregados aumentou en todo o Estado. En Galicia rexistráronse 10.000 parados máis. Na noticia dos Telexornais , xunto ás cifras, facíase fincapé no único dato “positivo”: foi o mellor mes de xaneiro desde o 2007. Incluían a valoración do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia. Nin a oposición, nin sindicatos nin empresarios.
Os telexornais silencian a Nacións Unidas cando fala de España
O pasado día 3 de febreiro ningún telexornal recolleu as declaracións nas que Pablo de Greiff reclamaba que se xulgaran as desaparicións do franquismo. A TVG silencia a voz pero tamén a visita de dez días a España do relator da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición dos delitos de lesa humanidade.
Un mecanismo de participación democrática que a Galega prefire non mencionar
4 de febreiro. A Audiencia Provincial de Madrid reiterou que non houbo delito no “escrache” que tivo lugar o 5 de abril de 2013 diante da casa da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, unha acción na que se concentraron preto de 300 persoas. No seu auto conclue que se tratou de “un mecanismo ordinario de participación democrática da sociedade civil”.
Cascos e a corrupción do PP cuestión de segundos
3 de febreiro. A Policía Nacional informa ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz, que nas súas investigacións relacionan ao exministro Francisco Álvarez Cascos coas siglas P.A.C. que aparecen en documentos incautados á trama Gürtel como o maior perceptor de comisións procedentes da rede corrupta.
Debe estar conectado para enviar un comentario.