“Heidi” é máis importante que a sesión das Caixas no Parlamento

caixas

O venres 21 de xuño, desenvólvese no Parlamento de Galicia unha das sesións máis importantes dos últimos anos, e mesmo da súa historia: A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS ANTIGAS CAIXAS DE AFORRO GALEGAS, CAUSAS E RESPONSABILIDADES DA ACTUAL SITUACIÓN, E INDEMNIZACIÓNS MILLONARIAS DOS SEUS EX-DIRECTIVOS.

Ao longo do día comparecen os que foron máximos dirixentes de Caixa Galicia, Caixanova e Novacaixagalicia: Julio Fernández Gayoso, Mauro Varela, José Luis Méndez e José Luis Pego… para dar explicacións sobre asuntos tan importantes como a FUSIÓN DAS CAIXAS, A EMISIÓN DE PREFERENTES E ACCIÓNS SUBORDINADAS, COMPONENDAS POLÍTICAS… todos vitais e mesmo dramáticos para milleiros de familias galegas atrapadas na venda de produtos financeiros desas entidades.

A pesar diso, A TVG NON OFRECE O DEBATE POR NINGUNHA DAS SÚAS CANLES CONVENCIONAIS, COMO XA OCORREU O PASADO 10 DE ABRIL, CANDO O PRESIDENTE DA XUNTA COMPARECEU PARA EXPLICAR A SÚA RELACIÓN CO NARCOTRAFICANTE MARCIAL DORADO.

Ámbalas sesións (a do 10-4 e a deste 21-6) só foron transmitidas por internet, na web da TVG, un método que foi defendido polo director xeral da CRTVG en comisión parlamentaria o pasado 30 de abril, para xustificar porqué non se deu nin pola TVG 1 nin pola TVG 2 o debate sobre Feijoo e Dorado:

http://www.parlamentodegalicia.es/buscaVideos/asx.aspx?wmv=0000008129-002-100kb.wmv&timecode=02:21:53&duration=00:03:24

Sánchez Izquierdo asegura que ten máis audiencia internet que as canles convencionais. Custa imaxinar iso nun día laboral, pola mañá, coa xente traballando -ou buscando traballo-…

E ademáis na TVG 2, na mañá deste 21 de xuño, a programación que coincide coa comisión das caixas galegas no Parlamento é insubstancial:

http://www.crtvg.es/tvg/programacion/canle/tvg2/data/21-06-2013

É dicir, o Bós días (repetición do espazo informativo que acaba de emitirse na TVG 1), “os axóuxeres”, “os bolechas” e… “HEIDI” !!!!! (por certo, a ver quen explica porqué neste horario, cos nenos na escola, se emiten programas infantís…).

Espazos que poderían ter sido substituidos facilmente para ofrecer a sesión no Parlamento. SERÁ QUE TEN MÁIS AUDIENCIA “HEIDI” QUE UNHA DAS COMISIÓNS PARLAMENTARIAS MÁIS TRASCENDENTAIS NOS ÚLTIMOS TEMPOS EN GALICIA……

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s