“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”
“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”
O 5 de febreiro. O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz dá un prazo de dous días ao PP para que entregue a documentación relativa ás obras de ampliación da sede do partido na Rioxa. Esta solicitude está relacionada coa investigación dun apunte da contabilidade B de Luís Bárcenas de maio de 2008 sinalado como “Entrega La Rioja”.
3 de febreiro. O presidente de Mercadona declara diante do xuíz Ruz en relación aos papeis de Bárcenas.
20 de xaneiro. O ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas remite ao xuíz do caso Bárcenas, Pablo Ruz, unha carta escrita por el xunto cuns documentos que afectan ao seu antecesor nese cargo, o tamén imputado Álvaro Lapuerta.
26 de novembro. O ex senador do PP durante seis lexislaturas e amigo persoal de Luis Bárcenas, Luis Fraga, sobriño do fundador de AP Manuel Fraga, tamén tiña contas en Suíza, segundo revela a investigación do caso Gürtel.
5 de novembro. Faise público que o ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas transcribiu en follas soltas dun almanaque as anotacións das súas axendas que reflicten as reunións que desembocaron na suposta entrega por parte de Luis del Rivero de 200.000 euros para financiar a campaña electoral de María Dolores de Cospedal nas autonómicas de 2007.
O empresario, tras pactar esa doazón, conseguiu o contrato de xestión de residuos de Toledo para Sufi, propiedade da súa construtora Sacyr.
A Procuraduría de criminalidade económica e lavado de activos de Arxentina (Procelac) denunciou ao ex-tesoureiro do PP Ángel Sanchís, por un presunto delito de branqueo de diñeiro, a través dunha finca (“La Moraleja”) que posúe no país sudamericano.
Xoves 31 de outubro. A xuiza que leva o caso dos ordenadores de Bárcenas (ex-tesoureiro do PP), ORDEA PROVISIONALMENTE O ARQUIVO DA INVESTIGACIÓN.
29 de outubro. O PP volve rexeitar no Parlamento galego unha moción do grupo socialista, apoiada por AGE e BNG, para que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo comparecese na Cámara autonómica para dar explicacións sobre o presunto financiamento irregular do seu partido.
Debe estar conectado para enviar un comentario.