As fotos de Feijoo con Dorado volven á TVG !!!

 

feijoo_foto610x342

 

O venres 10 de maio, durante a emisión da Revista da mañá, faise unha conexión co “Xuventude Galicia net” que se celebra en Santiago.

Cando intervén o xornalista que fai o directo… ao seu carón UN DOS PARTICIPANTES XIRA O ORDENADOR, E NA PANTALLA APARECE UNHA DAS FOTOS DE FEIJOO CON MARCIAL DORADO !!!!!

http://www.crtvg.es/informativos/comeza-a-14-edicion-de-xuventude-galicia-net-583600

Paradoxas do destino: saíu máis tempo esa foto de FEIJOO con DORADO nun so espazo de “A Revista” que en tódo-los Telexornais e programas informativos anteriores, cando foi noticia de gran notoriedade… e mesmo motivo de comparecencia do propio Feijoo no Parlamento de Galicia…

A maioría dos galegos censuran as explicacións de Feijóo, pero a TVG acala o dato

 

Dibujo

 

Domingo, 5 de maio. La Voz de Galicia publica unha sondaxe sobre diversos asuntos de actualidade.

-A carreira pola secretaría xeral do PSdeG-PSOE

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/05/05/besteiro-supera-pachi-vazquez-pulso-liderar-psoe/0003_201305G5P2991.htm

-A opinión dos galegos sobre unha suposta abdicación do rei.

-A opinión dos galegos sobre as fotos de Feijóo co narcotraficante Dorado.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/05/05/55-votantes-pp-ven-bien-explicaciones-feijoo-sobre-dorado/0003_201305G5P3991.htm

No Telexornal Mediodía dan a seguinte información:

http://www.crtvg.es/informativos/os-votantes-socialistas-prefiren-a-besteiro-fronte-a-pachi-vazquez-para-liderar-o-psdeg-psoe-580245

Como podedes apreciar, céntrase nos datos sobre a loita polo liderado socialista e déixanse para o final os datos sobre as explicacións do presidente da Xunta pola súa relación con Dorado.

E aquí ven o grave. Na información da TVG só se reflicte o titular de La Voz (“O 55% dos votantes do PP ven ben as explicacións”). Omítese, en cambio, o subtítulo do xornal, realmente significativo: “O 55% DOS GALEGOS AS CONSIDERAN INSUFICIENTES”.

“Feijóo é un narcopresidente”

índice

Beiras xustifica o seu xesto de “transgresión” no Parlamento para dicirlle a Feijóo: “Vostede non é ninguén, mamarracho”. Unha información que aparece na Axencia EFE as 19:27 o 29 de abril e que se reflictíu nos xornais dixitais.

http://www.abc.es/espana/20130430/abci-beiras-punetazo-reventon-201304292137.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/29/galicia/1367258177_964798.html

Despois de varios días presentando declaracións sobre a actidude de Beiras no Parlamento, do Goberno, do propio presidente da Xunta, e tamén da oposición, estas desclaracións do voceiro de AGE e principal actor da singular protesta non se recollen na Galega.

Silencio para a oposición

índice

O día seguinte da cobertura da bronca no Parlamento a Galega volveu por onde acostuma. Na rolda de prensa posterior ó Consello da Xunta Feijóo reprobou os “puños e manotazos” e asegurou que “demostrará” con documentos que non contratou a Dorado.

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-lamenta-o-espectaculo-no-parlamento-e-di-que-enviara-a-camara-os-contratos-da-xunta-con-dorado-574201

Non se incluiron as reaccións doutros partidos políticos como a voceira de AGE, Iolanda Díaz, que cualificou ó presidente da Xunta de “macarra”.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/yolanda-diaz-llama-macarra-feijoo-su-actitud-parlamento/idEdicion-2013-04-25/idNoticia-803351/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/25/yolanda-diaz-feijoo-macarra/00031366884359694486974.htm?idioma=galego

Tampouco se emitiron as verbas de Pachi Vázquez que cualificou as palabras de “provocación”.

http://www.galiciae.com/nova/246695.html

http://www.eldiario.es/politica/Pachi-Vazquez-provocacion-Feijoo-Parlamento_0_125637927.html

Nin se emite a valoración do BNG que acusa a Feijóo de “desviar a atención” para “non responder” sobre as súas fotos con Dorado.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-bng-acusa-feijoo-desviar-atencion-no-responder-parlamento-fotos-dorado-20130425134809.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/04/25/losada-lamenta-ppdeg-trate-desviar-atencion/797702.html

O 26 de abril no Telexornal Mediodía emitiuse en cambio a reacción do Partido Popular. A súa voceira, Paula Prado, criticou a deriva, que ó seu entender está tomando a oposición.

 

De Dorado nin un segundo

feijoo_foto610x342

O presidente da Xunta fixo referencia o luns 22 de abril a publicación das fotos con Marcial Dorado en declaracións tras un almorzo informativo en Madrid. Unha información publicada pola axencia Europa Press ás 11:47 e que despois se recollía en edicións dixitais.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/22/feijoo-denuncia-campana-contra-juez-encarcelo-dorado/00031366625944297401650.htm

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/22/actualidad/1366629843_668210.html

Na TVG elaborouse unha información na que se incluían as declaracións de Feijóo chamando a unidade e pedindo o PSOE que se traballara polos intereses xerais.

Tratamento da Comparecencia de Feijoo no Parlamento sobre Marcial Dorado

 O tratamento informativo no TX mediodía deste 10 de abril, sobre a comparecencia de Feijoo no Parlamento para dar detalles da súa relación con Marcial Dorado, foi completamente tendencioso e cunha desproporción absoluta no tempo adicado ao goberno e ao PP, e aos partidos da oposición.
Neste primeiro video só se ofrece a intervención de Feijoo (1 minuto e 8 segundos), destacando que a meirande parte de contratos coa empresa de Dorado fixoa o bipartito (por certo, recoñecendo que tamén houbo contratos nos gobernos de Fraga…).
No segundo video, dase a intervención do BNG (só 19 segundos de Jorquera falando de mortos pola droga) e logo a contestación de Feijoo (27 segundos) relacionando ao BNG co terrorismo.
 A continuación emítese un video de case 50 segundos, adicado soamente ao que chaman “interrupcións” de Beiras e Jorquera na sesión, cun rótulo sobre as imaxes que di textualmente: “Beiras e Jorquera interrompen a comparecencia”, e escoitándose claramente as chamadas de atención da presidenta da Cámara a ámbolos. É unha clara intención de descalificar a eses deputados de AGE e BNG, dándolle especial relevancia á información, que se emite antes das intervencións de AGE, PS de G-PSOE e PP.
E de seguido, dase o video da intervención de Beiras por AGE… cando se derruba emocionalmente e mesmo chora polo “noxo” que lle da esta Xunta… Só se dan 20 segundos de Beiras. Logo ofrécese a contestación de Feijoo (35 segundos) que … presume de ser de aldea e ironiza con que nunca tivo piano nin estudou na Sorbona (en alusión ao propio Beiras).
Despois chega o tempo para o PS de G-PSOE, no que se ofrece brevemente a intervención de Pachi Vázquez, e logo a contestación de Feijoo (31 segundos) na que insinúa que Vázquez o visitou para pactar silencios sobre a operación Campeón, onde hai imputados de ámbolos partidos. Esta xuntanza desmentiuna o secretario xeral dos socialistas que afirmou que a Xunta non quixo achegar datos sobre as subvencións ás empresas de Dorado.
E finalmente, dase a intervención de Puy (PP), que en 49 segundos eloxia e bota frores a Feijoo persoal e politicamente, dicindo que o Partido e a xente galega “de ben” está con é. Omitiuse a frase do voceiro do PP na que dixo textualmente que “Feijóo foi utilizado por narcotraficantes para lexitimarse”.
Resumindo: fíxose unha información totalmente favorable ao PP e a Feijoo, onde o de menos foi a relación que mantivo con Marcial Dorado. A TVG descalificou totalmente aos membros de BNG e AGE, e tentou (unha vez máis) relacionar ao PS de G-PSOE con casos de corrupción. E sumando os tempos que lle adicaron ás intervencións… é escandalosa a diferenza a prol do PP.

Os medios públicos e as fotos de Feijóo

feijoo parlamento

 

Os medios públicos de Galicia, a Televisión de Galicia e a Radio Galega, NON emitiron o debate parlamentario sobre a publicación das fotos do presidente Feijóo co narcotraficante, Marcial Dorado, publicadas no xornal El País o domingo, 31 de marzo. O mesmo ocorreu o luns, 1 de abril, coa rolda de prensa do presidente da Xunta nas que deu as primeiras explicacións sobre a súa relación co narcotraficante.

Ningunha das canles da Radio Galega e a Televisión de Galicia emitiron a sesión parlamentaria deste mércores.  Só se realizaron conexións esporádicas. Sí se emitíu a través da web crtvg.es.  Outros medios, como El País, La Voz, Faro de Vigo, si emitiron o debate na súa integridade.

Fundación Galega contra o Narcotráfico pide explicacións a Feijóo

marcial2A Axencia EFE informa o día 8 de Abril de que a Fundación Galega contra o Narcotráfico emitíu un comunicado sobre as fotografías do Presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado. A Fundación reclama “oportunas explicacións para que non quede ningunha dúbida ó respecto”. Nos principais informativos da TVG non se fixo referencia a esta información.

 

http://www.laregion.es/noticia/249413/fundacion/contra/narcotrafico/reclama/explicaciones/feijoo/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-fundacion-contra-narcotrafico-pide-amplias-detalladas-explicaciones-aclarar-fotos-feijoo-dorado-20130408113552.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/fundacion-narcotrafico-pide-amplias-detalladas-explicaciones-aclarar-fotos-feijoo-dorado/idEdicion-2013-04-08/idNoticia-800422/

En cambio o Telexornal Mediodía do día 9 de abril sí emitíu as declaracións de do Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, nas que afirmaba que non vía ningún feito punible nas fotografías.

http://www.crtvg.es/informativos/o-fiscal-superior-de-galicia-non-ve-ningun-feito-punible-nas-fotos-de-feijoo-e-dorado-563779

Unhas enquisas sí, outras non

Luns, 8 de abril. El País publica os datos da segunda entrega da enquisa da empresa Demoscopia na que, entre outras cuestións, se pregunta polas fotos do presidente da Xunta co nacotraficante Marcial Dorado. O 61% dos españois cre que as explicacións de Núñez Feijóo son insuficientes e o 47% di que o presidente galego debe dimitir. A enquisa non aparece nos principais Telexornais do día.

Luns, 11 de febreiro. El Mundo publica unha enquisa na que se pregunta sobre a imputación da infanta Cristina, o coñecemento da fraude dos ERE por parte do presidente da Xunta de Andalucía e sobre se o xerente do PSOE debe dimitir polo caso Amy Martin.
Esta enquisa si aparece no Telexornal Mediodía.
Domingo, 10 de febreiro: La Voz de Galicia publica unha enquisa de Sondaxe da que os Telexornais se fan eco no referente á intención de voto e á valoración de líderes. En cambio, omítese o dato de que o 49% dos españois pensa que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, debe dimitir polo caso Bárcenas.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2013/02/10/mayoria-consideran-falta-dimisiones-barcenas/0003_201302G10P5991.htm