Marcial Dorado, o ex-amigo de Feijóo, pasa desapercibido

El narcotraficante gall.ego Marcial Dorado, durante el juicio hoy en...
O xoves 8 de maio comeza na Audiencia nacional o xuízo contra Marcial Dorado por branqueo de diñeiro procedente da droga.
Dorado, que xa está cumprindo condena por narcotráfico, enfróntase a unha posible pena de 15 anos de prisión e 42 millóns de euros de multa.

Seguir lendo

Penoso tratamento sobre o xuizo a medio goberno do PP en Santiago

 

                 O mércores 7 de maio, a Audiencia provincial da Coruña rexeita o recurso presentado polos sete concelleiros do PP de Santiago contra o seu procesamento por prevaricación, acusados de aprobar o pagamento dos gastos da defensa do seu compañeiro de partido e edil de deportes, Adrián Varela, imputado na operación Pokémon.

                Dese xeito confírmase que sentarán no banco, no xuizo previsto para o vindeiro 19 de maio, seis días antes das eleccións europeas. Enfróntanse a posibles penas de nove anos de inhabilitación.

Seguir lendo

De que partido é o alcalde de Muras?

murasalcalde

28 de xaneiro de 2014. O alcalde de Muras, Issam Alnagm,  foi xulgado por un suposto delito ambiental.  O fiscal pediu para él seis anos de cadea por construir un camiño en territorio protexido sen informe de impacto ambiental.

Seguir lendo

Nin a inhabilita​ción do alcalde de Crecente nin o xuizo á edil de Nigrán

               O xoves 16 de xaneiro, o concello de Crecente celebra un pleno extraordinario no que se da conta da sentenza penal ao xa ex-alcalde do PP, Julio César García-Luengo Pérez, que foi condenado a un ano de inhabilitación por desobediencia.

Os do PP uns santos e os outros uns delincuentes

          O alcalde de Badalona, Xavier García Albiol (PP), admitíu que puido proferir expresións “inapropiadas” e “inaxeitadas” contra os romaneses durante o xuizo celebrado contra él o mércores 20 en Barcelona.

          O fiscal pide para él un ano de prisión por un delito de provocación á discriminación por relacionar aos inmigrantes romaneses coa delincuencia.

Seguir lendo

E a absolución de Carlos Callón?

callonmandián

 

Xoves, 6 de xuño: O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, foi absolto da falta de inxurias da que lle acusaba o anterior xuiz decano da Coruña.

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/la-jueza-absuelve-al-presidente-de-a-mesa-de-injurias-contra-fraga-mandia/20130108234537100210.html

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/06/07/callon-absuelto-injuriar-exjuez-decano/730095.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/06/galicia/1370546899_650788.htm

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=143238

A Televisión de Galicia informou debidamente da celebración dos xuízos.

En novembro:

http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-da-mesa-pola-normalizacion-xulgado-por-supostas-inxurias-ao-anterior-xuiz-decano-da-coruna-476839.

En maio:
Pero o día da absolución a TVG non informa da decisión xudicial.  So no informativo matinal do día seguinte, o 7 de xuño, o Bós Días, o de menos audiencia, deu conta da decisión da audiencia provincial de rexeitar o recurso do xuiz Fraga Mandián.

Os danos do Prestige: 4.328 millóns e unha mordaza

 

ídice

A Fiscalía confirma en 4.328 millóns de euros os danos que a marea negra provocou en España. O dato coñeceuse no xuízo que se celebra na Coruña pola marea negra do Prestige. A noticia aparece en moitos medios de comunicación:

http://www.20minutos.es/noticia/1820612/0/danos/prestige/asciende-cuatro-mil-millones/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/21/galicia/1369149590_510087.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/21/fiscalia-ratifica-perdidas-prestige-espana-alcanzaron-4334-millones/0003_2013051369131957945667.htm

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/fiscalia-confirma-4-328-millones-danos-prestige-provoco-espana/idEdicion-2013-05-21/idNoticia-807658/

Un día máis os Telexornais eluden falar do Prestige.

Máis doutrina antiabortista

A morte de Savita Halappanavar, falecida nun hospital irlandés despois de que os médicos se negasen a practicarlle un aborto, foi consecuencia dun “accidente médico”, segundo determinou un xulgado da localidade de Galway. A noticia chegou aos medios o venres pola tarde.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2013/04/19/muere-mujer-irlanda-negaron-aborto/00031366383558238304452.htm

A nova non tivo oco nos telexornaiss, que só tres días antes, en cambio, contaran con todo luxo de detalles, o xuízo contra un médico abortista e culpable de asasinatos de naipelos nos EUA.
Tamén coa selección de novas se adoutrina nun asunto tan delicado como o aborto.

Ésta é a única nova que non se destaca na web

Tódolos xornais dan o día 16 a noticia de que o xuiz Bermudez abre unha causa por branqueo de capitais contra Marcial Dorado, o narcotraficante galego que aparece nas fotos co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, publicadas dias pasados.

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/16/actualidad/1366114239_974234.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/16/gomez-bermudez-abre-juicio-oral-contra-marcial-dorado-blanqueo-capitales/00031366115108099495726.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/04/16/bermudez-abre-diligencias-dorado-delitos-blanqueo/792466.html

Television de Galicia da unha noticia breve no Telexornal Serán sen mencionar a relación de Marcial Dorado con Feijóo. Para ver esta información hai que ver outra anterior de Oriol Pujol. É a unica da web que non ten titular propio.

http://www.crtvg.es/informativos/oriol-pujol-imputado-na-trama-das-itv-declara-no-tribunal-superior-de-xustiza-de-cataluna-568616