Os “agasallos” da rede Gürtel ao PP non son noticia

correa

9 de decembro. La Voz de Galicia publica que a rede Gürtel bombardeou a regalos durante polo menos seis Nadales seguido a dirixentes, militantes e traballadores do PP, pero tamén a responsables do Executivo central e de Administracións de todo tipo que ostentaban os populares.

Seguir lendo

O “pitufeo” da Gürtel

correa

Ruz interroga na mañá do 23 de abril de 2013o un dos home de palla na Gurtel. Antonio Villaverde está imputado polo branqueo de 1,7 millóns dos líderes de Gürtel, Francisco Correa e Pablo Crespo, que fora secretario de organización do PP de Galicia dende 1995 ata 2003.

crespo

Villaverde recoñeceu que sabía que as contas que manexaba dos imputados eran opacas a a Facenda española pero que descoñecía cal era a súa procedencia. Unha información que saca a Axencia EFE as 13.28, e que estaba nas edicións dixitais dos xornais dende primeira hora da mañá.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/22/espana/1366648303.html

http://www.abc.es/espana/20130423/abci-testaferro-gurtel-201304222155.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/23/actualidad/1366715844_968613.html

http://www.publico.es/454161/la-trama-gurtel-lavo-1-7-millones-de-euros-por-el-metodo-del-pitufeo

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/imputado-gurtel-admite-gestiono-dinero-opaco-correa/csrcsrpor/20130423csrcsrnac_16/Tes

Na TVG non se fixo referencia a esta información

Ana Mato e Caso Gürtel

Mato Sepulveda

O 19 febreiro de 2013 saía en todos medios de comunicación que o xuíz Pablo Ruz consideraba que o ex-senador do PP Jesús Sepúlveda recibira máis de 500.000 euros de Francisco Correa, un dos implicados na trama GURTEL. Esta información non foi nos titulares en ningún dos dous telexornais principais da cadea. No Teloxornal Mediodía facíase unha breve mención e no Telexornal Seran, dábase conta dun xeito máis amplo pero non se relacionaba a Ministra de Sanidade do PP, Ana Mato, co caso malia estar casada con Sepúlveda na data na que recibíu os subornos. Si se fixo alusión a petición dos grupos da oposición da dimisión de Ana Mato no Senado polas informacións que a relacionan co caso Gurtel, pero sen vinculala coa súa relación co seu ex-marido. Curiosamente no Telexornal Serán si que foi nos titulares as declaracións de Montoro, Ministro de Facenda, nas que aseguraba que hai actores que non pagan impostos en España, en resposta ás críticas verquidas durante a gala dos Premios Goya, unha información que na maioría de medios non deixou de ser valorada como un tema secundario.

http://www.crtvg.es/informativos/a-ministra-de-sanidade-di-que-non-dimite-porque-as-informacions-que-a-vinculan-coa-trama-guertell-son-infamias-534337

http://www.crtvg.es/informativos/o-xuiz-pablo-ruz-considera-que-jesus-sepulveda-recibiu-mais-de-medio-millon-de-euros-da-trama-guertel-534336