Un Telexornal que non sabe manipular a manipulación

debate_autonomia_2011

 

O mércores 26 de xuño, durante o pleno do Parlamento de Galicia, prodúcese un acedo debate sobre a manipulación na CRTVG (Compañía de Radio e Televisión de Galicia) entre o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

No Telexornal serán dese día, A PRESENTACIÓN DA NOTICIA É TENDENCIOSA E PARTIDISTA, ademáis de estar pesimamente plantexada desde o punto de vista xornalístico.

Na introdución da noticia dise textualmente:

 

“Alberto Núñez Feijoo recordou que durante o bipartito os nacionalistas acusaban aos socialistas de manipular os informativos da CRTVG e que mesmo o nº dous da vicepresidencia denunciou escoitas ilegais contra él. Respondeulle así ao BNG, que agora acusa á Xunta de manexar os medios públicos e de non ofrecer os debates parlamentarios en directo”:

http://www.crtvg.es/informativos/intercambio-de-acusacions-sobre-manipulacion-na-crtvg-615841

É dicir, non se destacan as mutuas acusacións entre Jorquera e Feijoo, e utilízase a POBRE estratexia de Feijoo do “E TI MÁIS” para comezar DUN XEITO IGUALMENTE POBRE a presentación da noticia…

Por contra, hai que resaltar a AXEITADA PRESENTACIÓN DA NOTICIA NO TELEXORNAL MEDIODÍA; infórmase das críticas do BNG cos actuais informativos e da réplica de Feijoo:

http://www.crtvg.es/informativos/intercambio-de-denuncias-de-manipulacion-na-crtvg-615604

Criterio e neutralidade no Telexornal mediodía, mentres o Telexornal serán non soubo nin manipular a manipulación…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s