Os problemas en Ferrol… e os graves incidentes no concello

MANIFESTACION NAVANTIA FERROL 19 ABRIL 2013 /

O xoves 30 de maio, uns 3.000 traballadores de Navantia e empresas auxiliares de Ferrol maniféstanse pola cidade e cortan o tráfico na ponte das Pías, con barricadas e fogueiras de neumáticos. Seguir lendo

Segue o descaro coa moción de censura no Valadouro

rp-valadouro2-24-05-2013

A TVG segue coa teima da moción de censura no concello lugués do Valadouro, onde PSOE, BNG e independentes pactaron para botar da alcaldía -despois de 25 anos de sucesivos gobernos- ao PP.

Pero a insistencia sobre o asunto é completamente TENDENCIOSA E PARTIDISTA. Seguir lendo

O director xeral tiña razón; non sabemos idiomas. Qué significa Standard & Poor,s?

imgres

A axencia de cualificación Standard & Poor,s confirmou hoxe o seu rating para Galicia, con perspectiva negativa (BBB-/A-3). A axencia entende que a comunidade segue mostrando un “alto nivel de enbededamento e un déficit elevado”.

Ademais certifica que Galicia “ten unha capacidade de financiametno limitada para oporse ás reformas do goberno central”. Seguir lendo

O director xeral da CRTVG, máis preocupado pola denuncia que pola práctica da manipulación en TVG

índice

O director xeral da Compañía de Radio Television de Galicia,  Alfonso Sanchez Izquierdo, considera que hai que preocuparse máis polas boas prácticas profesionais nos medios de comunicación públicos que  “perder o tempo”  debatendo se TVG  manipula ou non  a información que emite.  Foi o que dixo esta mañá,  30 de maio,  na comisión parlamentaria que controla o ente.

A “Eu non manipulo” tamén lle preocupan moito as boas prácticas profesionais.  De feito,  é evidente que se todos,  especialmente  xefes e responsables dos programas informativos,  traballaran con criterios profesionais  non habería lugar á manipulación, e polo tanto desaparecería ese debate. Seguir lendo

As imposicións de Bruxelas, peneiradas

índice

A noticia do 29 de maio sobre os novos sacrificios que Bruxelas esixe a España deuse unha vez máis baixo o particular prisma dos editores do Telexornal Serán. Non só relegan o asunto ata o posto número 15 (ainda que a deron de segunda en titulares) senon que comezan a información coa resposta de Rajoy,  que di que non quere subir o IVE.
Asi se deu no TXSerán.
E así saiu portadas dos principais  xornais españois e galegos.

10 segundos do donativo de Crespo ao tesoureiro do PP

1369846163_0

 

O mércores 29 de maio, o ex-secretario de organización do PP de Galicia e un dos cabecillas da “trama Gurtell”, PABLO CRESPO, RECOÑECE NA AUDIENCIA NACIONAL QUE ENTREGOU 21 MILLÓNS DE PESETAS (126.212 €) EN EFECTIVO en maio de 1999 ao que daquela era tesoureiro do PP, Álvaro Lapuerta.

É a constatación da VERACIDADE dun dos apuntes dos chamados “PAPEIS DE BÁRCENAS”, que sempre poñen en dúbida desde o propio PP.

A noticia é amplamente difundida nos xornais españois, e destacada en tóda-las portadas:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/29/pablo-crespo-confirma-veracidad-papeles-barcenas/00031369844644823756643.htm

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/29/espana/1369846163.html

http://www.lavanguardia.com/local/galicia/20130529/54374957770/pablo-crespo-entrego-21-millones-de-pesetas-en-efectivo-a-lapuerta-para-devolver-un-prestamo-al-pp-g.html

http://www.abc.es/espana/20130529/abci-crespo-declaracion-donaciones-201305291826.html

E mesmo as televisións danlle bastante tempo en distintos informativos de ámbito nacional:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/td2-barcenas-290513/1844947/

http://www.lasexta.com/noticias/nacional/pablo-crespo-admite-que-pago-millones-pesetas-metalico-alvaro-lapuerta_2013052900267.html

A TVG ofrece unha RESEÑA MÍNIMA no Telexornal serán. A noticia emítese no 24º lugar dese informativo… E ADÍCANSELLE SÓ 10 SEGUNDOS AO APARTADO DE CRESPO (cronometrados). Ademáis, a presentadora fala na presentación do “ex-secretario de organización do PP de G”, así, co G soamente… NADA DE DICIR PARTIDO POPULAR DE GALICIA…

 

 

O primeiro “Si quero” homosexual en Francia

gay

 

Mércores, 29 de maio: dous homes convértense no primeiro matrimonio homosexual de Francia. A voda chega despois dun proceso de gran crispación social e de manifestacións a favor e en contra, estas últimas alentadas pola Igrexa católica e a extrema dereita.

Durante todo ese proceso, desde a aprobación da lei ata as manifestacións, a Televisión de Galicia ofreceu cumprida información sobre todo o que ocorría no Parlamento e nas rúas de Francia, como podedes apreciar nestes enlaces.

http://www.crtvg.es/informativos/decenas-de-miles-de-persoas-protestan-contra-o-matrimonio-gay-en-paris-593875

 

http://www.crtvg.es/informativos/mais-de-350-detidos-tras-as-ultimas-manifestacions-contra-o-matrimonio-homosexual-en-francia-594658

http://www.crtvg.es/informativos/incidentes-en-paris-tras-a-protesta-contra-a-nova-lei-do-matrimonio-homosexual-573432

http://www.crtvg.es/informativos/francia-aproba-o-matrimonio-homexual-en-plena-crispacion-social-572982

http://www.crtvg.es/informativos/manifestacions-en-francia-en-contra-e-a-favor-do-matrimonio-homosexual-571984

http://www.crtvg.es/informativos/multitudinaria-manifestacion-en-paris-contra-o-matrimonio-homosexual-555124

Pero cando chega a hora da verdade, a TVG non ofrece a imaxe que si aparece en case todos os medios: a duns felices noivos tras o histórico enlace.

Foro aberto, a mina de Corcoesto, e un xornalista “imparcial”

9 Accion

 

 

O martes 28 de maio, o programa “foro aberto” aborda o polémico asunto da mina de Corcoesto con tres analistas: Serafín González (Sociedade galega de historia natural), Alfonso Ares (USO Galicia) e Pablo Acción (Xefe de informativos da cadea Cope en Galicia, habitual deste espazo).

Mentres o primeiro é contrario ao proxecto, os outros dous son partidarios del. González expón con datos e feitos a inconveniencia da explotación, mentres Ares e Acción divagan e non ofrecen argumentos sólidos.

ESPECIALMENTE INQUISIDOR E CRÍTICO (con Serafín González) MÓSTRASE PABLO ACCIÓN, QUE ANTEPÓN OS INTERESES ECONÓMICOS AOS POSIBLES PERXUÍZOS PARA A SAÚDE DOS CIDADÁNS E O MEDIO NATURAL.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/foro-aberto

Algunhas “perlas” de Pablo Acción nun tema potencialmente tan grave para a poboación: “a empresa promete ter un seguro de responsabilidade civil…”, “un camión de ouro (o que se prevé sacar da mina en 8 anos)… o ouro en “New York”… a onza está a 1.200 euros…”; “os veciños non teñen nada que dicir… soamente as autoridades e os técnicos…”

Acción non mostra en ningún intre nin a máis mínima sensibilidade cos posibles problemas de contaminación na zona da mina…

Por certo, nun momento dado (ao redor do minuto 8’35”) o xornalista da Cope FALA DE CABANA DE BERGANTIÑAS… si, con “A”… e non rectifica.

Este é un dos xornalistas habituais en “foro aberto”, caracterizado sempre pola súa actitude a prol do PP, sen ningún disimulo. E por iso cobra, claro, como tódo-los xornalistas que acuden ao programa.

No seu perfil en internet da páxina “Linkedin” aparece o seguinte (textualmente):

Aptitudes y conocimientos de Pablo Acción Badía:

profundo conocedor de la realidad política y económica de Galicia.

Idiomas de Pablo Acción Badía:

Inglés, portugués.

Moi ben: UN SEÑOR QUE ACUDE COMO TERTULIANO HABITUAL (E COBRA) A “FORO ABERTO”, RECOÑECE ABERTAMENTE QUE NON FALA GALEGO !!!!!. Iso si, domina o portugués… igual queda máis fino para demostrar que é un profundo coñecedor da realidade política e económica de Galicia..