Martes, 18 de xuño. Os xornais do Grupo Faro informan da esixencia de contraprestacións políticas do goberno mexicano para desbloquear o acordo entre Pemex e Navantia.
A Televisión de Galicia non ofrece ningunha información ao respecto malia a súa repercusión social. Milleiros de postos de traballo dependen da reactivación do maltratado sector naval galego. Os telexornais tampouco emiten as declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que reiterou que os floteis se van facer “en Vigo e Ferrol”.