Os vínculos do PPdeG cos casos Bárcenas e Gürtel non existen na TVG

O Goberno galego recoñeceu que fixo contratos con empresas citadas nos papeis de Bárcenas.
En resposta ás preguntas dos partidos da oposicion, feitas hai xa cinco meses, a Xunta admite que adxudicou contratos a 16 empresas que o extesoureiro do PP Luis Bárcenas vencellou coa suposta contabilidade B do partido.  E foi en 2006, cando o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa lideraba PPdeG. O documento ratificado por Bárcenas ante o xuiz Pablo Ruz fala de 1,8 millóns de euros supostamente procedentes de donativos opacos de adxudicatarias da Xunta cando era presidente Manuel Fraga.

Así saiu o martes 31 de decembro, na edición galega do xornal El País.

O Telexornal Mediodía da TVG  non recolle esta información. Tampouco o Serán.

Os telexornais da Galega apenas deron espazo a outra noticia relacionada coa Gürtel, a suposta trama de corrupción no PP, e non mencionaron a vinculación desta rede de corrupción cunha campaña electoral galega.

Así saiu nos medios:

http://www.europapress.es/nacional/noticia-documentacion-incautada-gurtel-acredita-financiacion-actos-electorales-pp-20131230195829.html

http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Trama_Gurte-financiacion-actos_electorales-documentacion-UDEF_0_1724625429.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/12/31/policia-detalla-cuatro-vias-pp-financio-irregularmente/0003_201312G31P24991.htm

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/documentacion-incautada-gurtel-acredita-financiacion-actos-electorales-pp/idEdicion-2013-12-30/idNoticia-844957/

Ata RTVE fala da campaña electoral galega de 2001!!!!

http://www.rtve.es/noticias/20131230/udef-concluye-trama-gurtel-financio-actos-electorales-del-pp-2002-2004/836180.shtml

E así se deu na TVG (non hai mención á campaña electoral galega de 2001). Mestúrase coa hospitalización de Bárcenas (información que se escolle para facer o titular e agochar máis o informe da UDEF). No Telxornal Serán nin sequera isto.

http://www.crtvg.es/informativos/barcenas-ingresado-durante-unhas-horas-nun-hospital-madrileno-725056

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s