O concelleiro de Ames, Benardo Moar, do Partido Popular, presentou a súa demisión despois de dar positivo nun control de alcolemia.
Arquivo por etiquetas: PPdeG
Os telexornais seguen desafinando coas irregularidades do PP
“Tremendamente grave”. Así definiu Xavier Vence, voceiro nacional do BNG, a situación do PP de Ourense tras o último auto da xuíza Pilar de Lara.
“Si no eres del PP, jódete, jódete” (2)
O ex-xerente do PP de Ourense nos telexornais ? non, grazas
Desde que o xoves 20 de novembro se coñeceu o posible financiamento ilegal do PP de Ourense, os informativos da TVG só se fixeron eco en todo momento das declaracións “oficiais” dos dirixentes do partido, silenciando por completo a opinión do home que denunciou a suposta corrupción: o que foi xerente do PP provincial durante 27 anos, Emilio Pascual.
A militancia de Gerardo Crespo
O empresario coruñés Gerardo Crespo, presunto líder dunha suposta trama de fraude en cursos de formación para captar subvencións públicas, é un destacado militante do Partido Popular na Coruña.
A oposición, outra vez silenciada ante as críticas de Feijóo
Luns, 16 de xuño: O presidente da Xunta critica que se queira presentar como unha crise do sistema político o que, ao seu zuíxo, é en realdiade unha “crise das formacións políticas de esquerda e das nacionalistas, que se enmascaran presentándoa como un problema xeral”.
A autocrítica postelectoral de Feijóo non interesa
Tres días despois das eleccións europeas, o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo declaraba que os casos de corrupción “tiveron un peso non menor” nos resultados destes comicios e chamaba a facer autocrítica.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/28/galicia/1401281313_361229.html
A nova foi recollida durante varios días en medios galegos e de tirada estatal con diversas liñas editoriais:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/05/29/feijoo-admite-desgaste-electoral-corrupcion/0003_201405G29P3991.htm
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/feijoo-hace-autocritica-pide-saber-interpretar-aviso-25-m/idEdicion-2014-05-29/idNoticia-871655/
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/05/29/feijoo-admite-ahora-corrupcion-tuvo/1032482.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/05/29/feijoo-admite-ahora-corrupcion-tuvo/846071.html
http://www.abc.es/espana/20140528/abci-feijoo-autocritica-victoria-europeas-201405281934.html
http://www.periodistadigital.com/galicia/la-coruna/2014/05/30/el-presidente-nunez-feijoo-admite-que-la-corrupcion-tuvo-un-peso-no-menor-en-las-europeas.shtml
Porén, as declaracións non tiveron cabida en ningún dos informativos da televisión pública galega. A autocrítica, aínda que veña do presidente, non interesa.
Burlas e críticas internas no PPdeG que non son noticia
Os malos resultados electorais empezan a facer estragos no PPdeG. O coordenador de Organización do partido e deputado autonómico Alejandro Gómez, e o exdirector xeral de Administración local Norberto Uzal mantiveron unha conversa aberta na rede social Facebook na que criticaron e mesmo se burlaron da estratexia electoral do secretario xeral del PPdeG, Alfonso Rueda.
Durante a tarde do 28 de maio, a conversa, agora xa borrada, foi noticia en varios medios.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/28/galicia/1401296263_097140.html
http://praza.com/falase/21400/
No Telexornal Serán non informaron deste evidente descontento interno no PPdeG pola perda de 15 puntos nos resultados electorais.
Sen embargo, comentarios políticos nas redes sociais foron noticia outras veces:
Coma noutras moitas ocasións, diferente raseiro para medir as actuacións dos políticos, segundo as siglas ás que pertenzan.
Debe estar conectado para enviar un comentario.