Segue aberta a veda contra Besteiro

           Xa se ten comentado neste blog que o “ninguneo” e desprezo cara ao secretario xeral do PS de G-PSOE e presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, desque que foi elexido para o primeiro cargo son descarados.
          Esta fin de semana, os responsables de informativos da TVG volveron dar unha clara mostra disa estratexia de persecución e desprestixio contra Besteiro.

“The New York Times”… se fala mal do PP non se cita

           Un dos xornais máis influíntes do mundo, “The New York Times”, publica un duro editorial contra a reforma do aborto impulsada polo goberno central que preside Mariano Rajoy, cualificandoa de “ALARMANTE e RETRÓGADA”.
            O rotativo estadounidense destaca negativamente o “mérito” de España ao se converter no primeiro país europeo que promove una lexislación máis restrictiva ca vixente.